O programa contará este ano con 15 rutas, das cales 4 pertencen á comarca
de Pontevedra
· Os edificios da Deputación foron os
primeiros incluídos neste programa, que xa en 2008 achegou a 6.700 persoas a
Pontevedra
· As entidades interesadas en
participar na edición de 2013 poderán inscribirse ata o 20 de xullo
· As rutas darán comezo en agosto e
estenderanse ata o 31 de marzo
Pontevedra e a súa comarca recibiron máis de 20.000 visitas no marco do
programa Coñece a túa provincia, que impulsa a Deputación de Pontevedra. As
rutas por Pontevedra foron, precisamente, as primeiras en organizarse dentro
deste programa, que nas súas orixes naceu centrado en dar a coñecer os
edificios relevantes da Administración Provincial, como o Castelo de
Soutomaior, o Padroado, Lourizán, Areeiro ou o Pazo de Gandarón.
O éxito desta iniciativa fixo que se fora estendendo e que hoxe en día
cubra todas a provincia, coas 15 rutas que se ofertan neste ano 2013 e nas que
se agarda que, a partir do mes de agosto, poidan participar unhas 20.000
persoas.
No caso de Pontevedra e a súa comarca, con catro as rutas que se achegan a
concellos desta área:
· Edificios da Deputación: Pazo Provincial,
Palacete das Mendoza, Museo, Pazo de Lourizán e Castelo de Soutomaior
· Conxunto histórico de Combarro,
mosteiro de Poio e mirador de Castrove.
· Ruta arqueolóxica, con
visita ao parque arqueolóxico de Campo Lameiro, Cerdedo, e conxunto histórico de
Pontevedra
· Fervenza da Barosa en Barro, azucreira
de Portas, miradoiro dos vales do Umia en Portas; e xa en Caldas de Reis,
exposición de Domingo Fontán, casco vello, ponte romana e termas. Visita a
Castrolandín en Cuntis.
O obxectivo final é promover o turismo de proximidade e desestacionalizar o
sector, ao tempo que se facilita que os cidadáns teñan a ocasión de coñecer os
magníficos recursos paisaxísticos, monumentais, históricos, culturais e
ambientais que ten esta provincia e que, en moitos casos, son descoñecidos para
os propios pontevedreses.
Gran acollida
Ás rutas iniciais organizados en torno aos edificios da Administración, nas
que participaron desde os seus inicios en 2008 máis de 12.000 persoas,
sumáronse en 2010 a Ruta dos Mosteiros, que naquel momento incluía visita ao
mosteiro de Armenteira e ao de Poio e que en 2011 se converteu na ruta
Poio-Combarro; e a Ruta Arqueolóxica, que se comezou a organizar no primeiro
ano de apertura do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro (2011) con 1.335 visitas
nese primeiro momento e que foi sumando novos atractivos ata quedar.
A última das rutas que chega ata concellos da Comarca de Pontevedra é a que
leva aos visitantes ao Parque Natural da Barosa, no concello de Barro, coas
súas magníficas fervenzas e muíños, algún deles reconvertido en restaurante.
En canto aos visitantes que ata o de agora se achegaron ás dúas rutas
incorporadas entre 2010 e 2011, unhas 6.000 visitaron Poio –ben como parte da
ruta dos mosteiros ou na de Combarro- e preto de 3.000 participaron na ruta
Arqueolóxica.
Inscripción
A Deputación provincial ten aberto nestes momentos o prazo para presentar
as solicitudes de participación no programa para esta edición 2013.
As viaxes comezarán a desenvolverse nos vindeiros meses e estenderanse ata
finais de marzo de 2014, tendo que achegar cada participante 10 euros, mentres
que a Deputación achegará outros 9,90 euros por visitante.
O programa inclúe o transporte dos participantes en autocares (cunha
antigüidade inferior a 2 anos), desde os puntos de saída ata os lugares que se
van visitar e o regreso ao punto de partido, así como guías informativas; seguro
de viaxe, que cubra as persoas desde que suban ao autobús ata que remate a
viaxe; e comida cun menú que inclúa primeiro e segundo prato, sobremesa,
bebidas e café.
No hay comentarios:
Publicar un comentario