A DEPUTACIÓN OFERTA 211 ACTIVIDADES FORMATIVAS DIRIXIDAS A ASOCIACIÓNS DE MAIORES E MULLERES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 7 de julio de 2013

A DEPUTACIÓN OFERTA 211 ACTIVIDADES FORMATIVAS DIRIXIDAS A ASOCIACIÓNS DE MAIORES E MULLERES


Os colectivos que queiran acollerse aos programas Pensa en Ti e Ti tamén contas poderán facelo ata o 20 de xullo

·       Máis de 26.000 persoas participaron nos últimos tres anos nestes programas
·       O orzamento destinado ao financiamento das actividades ascende a 513.000 euros
A Deputación Provincial de Pontevedra porá á disposición das asociacións e colectivos de mulleres e persoas maiores un catálogo de 211 cursos e actividades formativas, co obxectivo de contribuír ao labor dinamización social e asociativa que desenvolven as entidades e colectivos da provincia.
Os cursos ofertaranse a través dos programas Pensa en ti, destinado a asociacións de mulleres ou con vogalía da muller, e Ti tamén contas, para entidades de maiores ou con vogalía do maior.
Dotado cun orzamento de 383.400 euros Pensa en ti oferta 134 cursos nas áreas de manualidades, arte e bricolaxe; cociña, agricultura e elaboracións artesanais; desenvolvemento persoal e saúde física e mental; cultura tradicional, música e baile; igualdade e desenvolvemento profesional.
Inclúense varias novidades na área de novas tecnoloxías, como cursos de photoshop e retoque fotográfico; informática práctica ou redes sociais; de idiomas, coa incorporación de clases de ruso, italiano e galego (que se suman ás que xa tiñamos de inglés, francés, portugués e alemán); tamén en actividades artísticas, con cursos avanzados de pintura e debuxo artístico e de fotografía; ou en artesanía, cunha actividade nova de talla de cristal, entre outros moitos cursos que este ano se ofertan por primeira vez.
No pasado ano participaron neste programa un total de 354 asociacións, con máis de 5.300 beneficiarios. Trátase dun programa que nos últimos anos foi incrementando progresivamente tanto o nivel de participación coma os cursos ofertados, de forma que se en 2010 se ofertaron 130 cursos coa participación de 325 asociacións de mulleres e máis de 6.500  beneficiarias, en 2011 o número de cursos ascendeu a 133, con 350 asociacións e máis de 7.000 usuarias.
Ti tamén contas
Pola súa banda, o programa Ti tamén contas oferta este ano un total de 77 os cursos nas modalidades de desenvolvemento persoal e saúde, arte e manualidades, Cultura, informática, información e discapacidade.
O programa ten unha dotación económica de 129.600 euros en el poderán participar todas as asociacións de maiores ou con vogalía do maior que o desexen.
Tanto neste caso como no de Pensa en ti as asociacións teñen ata o 20 de xullo para sumarse a estas iniciativas, que nos últimos tres anos beneficiaron a máis de 26.000 persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario