OS CONCELLOS DE PONTEVEDRA APENAS O SEPARAN UN 10% DOS RESIDUOS XERADOS, MALIA EXISTIR POSIBILIDADE DE ACADAR O 35% - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 3 de julio de 2013

OS CONCELLOS DE PONTEVEDRA APENAS O SEPARAN UN 10% DOS RESIDUOS XERADOS, MALIA EXISTIR POSIBILIDADE DE ACADAR O 35%



A Deputación acolle desde mañá un curso da UIMP sobre A xestión sostible dos residuos urbanos

·       Na inauguración participará o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández
·       Os 39 concellos cos que a Deputación estuda a posta en marcha dun servizo conxunto de recollida de lixo xeran ao ano máis de 90.000 toneladas de lixo
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, participa mañá, xunto ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e aos directores da UIMP e de Sogama, Domingo Bello Janeiro e Luis Lamas, respectivamente, na inauguración do curso A xestión sostible dos residuos urbanos: beneficios ambientais, económicos e sociais, que se desenvolverá no Pazo Provincial desde o 2 ao 4 de xullo.
O curso ten por obxecto analizar os mecanismos de xestión que contribúan a unha prestación do servizo máis sostible,  eficiente e económica, tendo en conta a situación actual e o novo marco legal derivado das directivas europeas.
Nesta liña, cómpre salientar que na provincia de Pontevedra se xeran cada ano preto de 400.000 toneladas de residuos. Desta cantidade, 91.000 toneladas prodúcense nos 40 concellos cos que a Deputación traballa para a posta en marcha dun servizo conxunto que facilite unha xestión coordinada e integral e que redunde nunha redución do custe da prestación, xa que nestes momentos o que os concellos recadan polo servizo non acada a cubrir o 75% do custe.
Unha das vías para a contribuír a un equilibrio entre o que se recada e o que custe prestar o servizo é, precisamente, promover unha xestión máis sostible, apostando pola redución e a separación do lixo en orixe.
Cómpre ter en conta que nestes momentos só separa para a reciclaxe nestes concellos o 10,15% dos residuos xerados, unha cifra moi elevada, máxime se se ten en conta que se dan as circunstancias para poder acadar un nivel de separación do 35%.
Con estes datos, e tendo en conta que a directiva europea de Residuos, que tamén se abordará neste curso, marca 2020 como data límite na que os países teñen que acadar un nivel de reciclaxe ou reutilización do 50 % do papel, metal, plástico e vidro procedente de residuos domésticos e de outros orixes de características similares aos domésticos, o curso que mañá se inicia márcase como obxectivo poñer sobre a mesa fórmulas que permitan avanzar nunha xestión do lixo menos gravosa para os concellos e máis respectuosa co medio.
RELATORES
O curso afondará na normativa legal actual, como a directiva europea e a nova Lei Estatal de Residuos; as actuacións que están en marcha para cumprir cos obxectivos marcados pola UE, como pode ser o Plan Galego de Xestión de Residuos 2010-2020 ou a xestión integral do lixo na que traballa a Deputación de Pontevedra con 40 concellos; algúns dos modelos de xestión actuais, como os de Sogama, a Mancomunidade do Barbanza ou a xestión intermunicipal na provincia de Ourense; ademais de analizar posibles estratexias para sensibilizar ao cidadán na necesidade de apostar por unha recollida selectiva e pola redución da produción de residuos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario