En
colaboración coa Federación Galega celebráronse adestramentos específicos con
xogadores dos distintos clubs para perfeccionar o seu nivel, así como unha Copa
de Baloncesto Infantil
A Deputación de Pontevedra
está a impulsar este ano un novo proxecto que dotou con 6.000 euros para
fomentar a práctica do baloncesto na área de Pontevedra. Así o explicou hoxe a
deputada provincial Begoña estévez tras manter unha reunión co vicepresidente
primeiro da Federación Galega de Baloncesto, Alberte Zato e Gómez de Liaño, do
delegado desta entidade deportiva en Vigo, Jose Luis Perez Pérez; e do Delegado
da FGB en Arousa, Jose Luis Renda.
Esta nova actividade permite
ampliar o traballo que a entidade provincial está a desenvolver a través das
escolas deportivas, neste caso cunha nova disciplina deportiva, para fomentar o
deporte base na provincia de Pontevedra.
O plan consiste na
organización de Cetis ou adestramentos “extra” de man de persoal cualificado
destinados a mellorar e perfeccionar o nivel dos xogadores ou xogadoras dos
distintos clubs que poderían formar parte das seleccións galegas. Estas
actividades xa se foron realizando ó longo deste ano nas zonas de Vilagarcía,
Tui, Caldas, Ponteareas.
No marco desta iniciativa
tamén se desenvolveu a Copa Deputación de Pontevedra de Baloncesto nas
categoría de Infantil masculina e feminina, resultando como campións a Soleira Cortegada, no apartado feminino, e a C.B. Dorna en categoría masculina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario