·
14 empresas de
Pontevedra naceron ao abeiro deste proxecto
·
O prestixioso
bróker internacional, Josef Ajram será o encargado de clausurar o programa esta
tarde dando conta da súa propia experiencia. “Nunca peches os ollos, mira de frente ás adversidades”
A Deputación de Pontevedra acolleu este mércores a xornada
de clausura do proxecto PROPONTE. Unha sesión na que se deu conta dos
resultados do acadados trala posta en marcha
deste acelerador de empresas ao que sumaron 86 empresas da provincia.
Comarca
|
Nº de
empresas
|
Concellos
|
||
Deza-Tabeirós
|
3
|
Lalín, Rodeiro e Forcarei
|
||
Caldas
|
2
|
Caldas de Reis e
Moraña
|
||
Salnés
|
16
|
Cambados, Sanxenxo e
Vilagarcía de Arousa
|
||
Pontevedra
|
13
|
Barro, Pontevedra
|
||
O Morrazo
|
12
|
Bueu e Marín
|
||
Vigo
|
36
|
Soutomaior, Baiona,
Redondela, Gondomar, Mos, Nigrán e Vigo
|
||
Condado- Paradanta
|
4
|
Mondariz, Ponteareas e
Salvaterra de Miño
|
||
Baixo Miño
|
1
|
Tui
|
||
TOTAL
|
86
|
|||
Programa PROPONTE
Concebido como un servizo de consultoría e asesoramento empresaial individualizado, o obxectivo de
PROPONTE propiciou un pulo innovador ás pemes da provincia e mellorar a súa
competitividade dentro do tecido
empresarial. Ese foi o motor da posta en marcha do programa PROPONTE por parte
da Deputación de Pontevedra e a Fundación Escola de Organización industrial
(EOI). Un 52,2% das pemes adheridas a PROPONTE teñen menos de 2 anos; o 18,8%,
entre 2 e 5 anos, e o 29% restante levan máis de 5 anos funcionando.
Actividade IAE
|
% de empresas
|
Industrias transformadoras
dos metais
|
3,49
|
Outras industrias
manufactureiras
|
11,63
|
Construcción
|
2,33
|
Comercio, hospedaxe,
restaurantes e reparacións
|
43,02
|
Transporte e comunicacións
|
17,44
|
Institucións financieiras,
seguros, servicios prestados a empresas de aluguer
|
10,47
|
Outros servicios
|
11,63
|
O asesoramento profesional e gratuito proporcionado permitiu
que estas pequenas e medianas empresas se consolidasen como empresas
innovadoras evitanto o risco de fracasar no seu primeiro ano de vida.
Asimesmo, as empresas dispuxeron dun diagnóstico individual
co que detectar as capacidades da compañía para deseñar e implantar os
programas de innovación axeitados á súa actividade, así como identificar as
oportunidades de negocio para mellorar a súa xestión e desenvolver productos de
maior viabilidade.
“Nunca peches os
ollos, mira de frente ás adversidades”
A xornada contou ademais coa participación do prestixioso
bróker internacional, Josef Ajram. Coach e triatleta barcelonés que deixou
entrever os segredos que emprega todo bo inversor valéndose no relatorio da súa
propia experiencia en dous mundos que nada teñen que ver: o deporte e a
economía. Dous ámbitos que se renden a unha fórmula maxistral baseada na
constancia, a disciplina, o cálculo de posibilidades e capacidades e unha gran
dose de sentido común, segundo o propio Josej Ajram.
O bróker catalán repasou temas como a loita polos
obxectivos, afrontar as dificultades que imposibilitan chegar á meta
perseguida, o esforzo, a vontade e a constancia como chaves do éxito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario