Os dous obradoiros que se van levar a cabo xiran, un deles en torno á pintura de Darío Álvarez Basso e o outro en torno á cerámica castrexa.
Con estas actividades, todas elas de balde, ademais de espertar a creatividade e coñecer dunha forma diferente as coleccións e espazos do Museo, foméntase o desenvolvemento persoal e as relacións sociais e de amizade.
O prazo para inscribirse comeza o mércores 3 de xuño e remata o sábado 13 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral da Deputación.
As prazas adxudicaranse por sorteo o día 22 de xuño. A lista de admitidos poderá ser consultada a través da páxina web da Deputación, na do Museo e no taboleiro de anuncios da Deputación.
XULLO
OBRADOIRO DE CERÁMICA
A través dos anacos de cerámica castrexa atopada nos diferentes castros galegos, o profesor de olería da Asociación Alba, Germán Iglesias del Río, achegaralle ós nenos e nenas as técnicas de elaboración da olería castrexa así como algunhas das decoracións máis habituais nos diferentes tipos de olas e vasillas cerámicas, dos que o Museo posúe unha importante representación.
Nenos/as de 5 a 8 anos (10:30 a 12:30)
Do 6 ó 10 de xullo
Do 21 ó 24 de xullo
Nenos/as de 9 a 12 anos (10:30 a 12:30)
Do 13 ó 17 de xullo
Do 27 ó 31 de xullo
Número de participantes: 15 por quenda
AGOSTO
OBRADOIRO DE PINTURA ART - NATURA
Este ano estará dedicado á obra do pintor venezolano de ascendencia galega Darío Álvarez Basso, cuxa obra tamén está representada nas salas do museo. A través dela, Liliana Rey Figueroa, a persoa encargada do obradoiro, quere achegarlles non só o espírito do artista senón tamén a importancia da creación de texturas e formas plásticas a partir de elementos naturais e culturais do noso ámbito. Para iso os cativos utilizaran unha gran variedade de elementos vexetais que mesturarán coa pintura en busca de diferentes texturas.
Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10.30 a 12:30)
Do 17 ó 21 de agosto
Nenos/as de 9 a 12 anos (de 10:30 a 12:30)
Do 24 ó 28 de agosto
Número de participantes: 12 por quenda
DESCARGAR IMPRESO DE INSCRICIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario