·      
Outras 93 empresas e profesionais
teñen un prazo de 10 días para presentar a documentación que lles falta para
estar neste centro de comercio electrónico posto en marcha pola Deputación de
Pontevedra
·      
O BOPPO tamén pública este martes
a relación de pemes e autónomos excluidos por incumprir as bases da
convocatoria.
O Boletín Oficial da Provincia
(POPPO) publica este mércores a resolución da primeira tanda de empresa e
autónomos adheridos á plataforma do centro de comercio virtual “ponteacomprar”.
Logo de ser presentada hai un
meses, máis de 400 autónomos e pequenas empresas solicitaron estar nesta nova
canle de venda en liña e delas, 195, foron seleccionadas para adherirse
gratuitamente na posta en marcha da plataforma. 
Unha vez recibidas as solicitudes
de adhesión e de acordo cas bases da convocatoria publicada no BOPPO o 3 de
novembro de 2014, a comisión de avaliación aprobou a primeira relación de pemes
e autónomos adheridos á plataforma de comercio virtual. Un total de 86 empresas
que este mes de xuño xa poderán ofrecer os seus produtos e servizos na rede. 
RELACIÓN DE AUTÓNOMOS E EMPRESAS
ADHERIDAS
| 
   
Tres pastas delicatessen, S. L.  
Fotografía 20  
Terra de Asorei A. I. E.  
Tábora Confiterías  
Mel do Saldoiro  
Bodegas Tomada de Castro  
Corisca, S. L.  
Carlota Wines, S. L.  
Floristería Mercedes  
Bodega Os Arcos  
Embutidos Lalinense, S. A. T.  
El salón de tus viajes, S. C.  
Lagar da Cachada  
Sietemares Agua de Mar S. L.  
Attis Bodegas y Viñedos, S. L.  
Pousa Licores de Galicia  
Casa Videira  
Casa Uma  
Bodega Luz de Estrelas  
Adegas Arousa de Bebidas SL 
Churrasquería Penaguda I  
Penaguda II, S. L.  
Fernández y Portela, S. C. (Queixos Ovilaga)  
Viajes Turiplanet  
Artesanía Sestelo, S. L.  
Froitas do Rosal  
Todo Eventos Galicia, S. L. (Tu fondo de armario)  
Bolboreta Wines, S. L.  
Porta da Pía Artesanía, S. C.  
Arrullos del Agua, S. L.  
Piragüilla, S. C.  
 | 
  
   
La Pedalería  
Greenvalley  
Tartas Mi-má  
Petra Domínguez Gómez (Hotel San Luis)  
Bodegas Aquitania, S. L.  
Agro de Bazán, S. A.  
Viña Moraima, Soc. Coop. Galega  
Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu  
Casa da Xesta  
Hotel Cabo Festiñanza  
Hermasal Teucro, S. L.  
Lola Peluquerías  
Todo Eventos Galicia, S. L. (Los Mil y Un Eventos)  
Restaurante Os Pirús, S. L.  
Coco y Lobo  
Pan para Todos  
Hotel A
  Torre do Xudeu  
Argallet,
  S. L.  
Adega dos Eidos, S. L.  
Gluumiim, S. L. (Aloonida)  
Adega Rubén  
Bodega Torgo  
Mabel Herbolario  
Le Marche de Rachel  
Dulces PK2  
Bieron Agudelo, S. L. U. (Saramagal)  
María Isabel Vieitez Álvarez  
Amare Turismo Naútico, S. L.  
El Baúl de la Costura  
 | 
  
   
Cakes&Colors  
Cristalería Condado, S. L.  
Quinta de San Amaro, S. L.  
Viña Cartín, S. L.  
M Casa das Pías  
Bien Bonito, S. L.  
Lagar de Ribela, S. L.  
Mel Pájaro  
Adegas Castrobrey, S. L.  
Daquela, S. A.  
Gluumiim, S. L. (Ría de Luz)  
Beciclón  
Obrador de lamprea, S. L. U.  
Palmira Acuña Comesaña (Casa Acuña)  
Viajes Illa de Ons, S. L. (Vioviajes)  
Good
  Godis Vigo  
Hotel
  Magar, S. L. (Hotel Condado)  
E Colchonería Soños do Deza  
El Vergel Parisino, S. L. (El Vergel, la Boutique de la
  Fruta)  
K Cubil del Cuero  
Adegas Menduiña, S. L.  
Cerámica Creativa C Rial  
Miguel Ángel Otero Amoedo (Outra Luz)  
José Buján Veiga (Restaurante Asturiano)  
Casa Rural A Pampla  
Serán de Torgo 
 | 
 
93 empresas e autónomos pendentes de documentación
Asimesmo, segundo o anuncio
publicado este mércores no BOPPO, se lles concede un prazo de 10 días, a contar
dende hoxe, a outras 93 pequenas empresas e profesionais para que enmenden a
falta de documentación requerida nas bases de selección e poidan ser adheridas
á plataforma do Centro de Comercio Virtual da provincia de Pontevedra e da
comarca de Deza. 
A resolución tamén inclúe a
relación de pemes e autónomos, un total de 16, aos que se lles denegou a adhesión
gratuíta á plataforma por non cumprir cos requistos e criterios establecidos
nas cláusulas das bases da convocatoria de selección de empresas. 
“www.ponteacomprar.com”
 Impulsada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro dos proxectos depoTic: a tecnoloxías nas tías mas e depoDeza: dinamización económica da comarca
de Deza, e cofinanciado polo FEDER, “ponteacomprar” xorde como unha nova
canle de venda en liña  ao servizo dos
máis de 64.000 autónomos e pequenas empresas da provincia. Unha plataforma única
na que poidan comercializar os produtos e servizos con especial atención a
sectores estratéxicos como a alimentación, a restauración, o turismo, o lecer,
a hostalería e a cultura.
Na actualidade este centro xa
conta con datos de 55 compañías, e máis de 7.900 fotografías de 1.900 produtos
e servizos. 
Coa posta en marcha deste novo
centro de comercio virtual, a Deputación da un paso máis na promoción e
modernización tecido produtivo da provincia, abríndolle aos autónomos e ás
pemes a porta do comercio virtual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario