Desde a posta en marcha do Centro de Acollida da Armenteira, en Meis, en
 abril de 2013, o CAAN promoveu máis de 700 adopcións e 4.500 
intervencións
O presidente da Deputación de Pontevedra visitou  o Centro de Acollida de Animais Abandonados (CAAN) despois das obras de mellora realizadas nas instalacións da Armenteira, no concello de Meis. 
 Rafael Louzán loou o traballo que realizan os sete profesionais da 
empresa pública Tragsatec que atenden o centro "polo cariño e o trato 
exquisito que teñen cos animais, que permitiu consolidar o servizo que o
 CAAN presta hoxe a 50 municipios da provincia".
 
 A prestación deste servizo de maneira conxunta permitiulles a estes 
municipios un importante aforro. Así, o Concello da Guarda pasou de 
pagar 12.000 euros a só 4.000, e o de Tomiño, que antes pagaba 15.000 
euros, agora paga 5.500, unha diminución que representa un aforro do 64 %
 na prestación deste servizo ou un 56 % no caso de Sanxenxo, que antes 
pagaba 16.000 euros e agora 7.000. Tamén o concello de Mos reduciu o 
custo case á metade, ó pasar de 12.500 a 6.000 euros.
  O custo do
 servizo é de 366.000 euros anuais, dos cales os concellos achegan 
150.000 euros (0,40 céntimos de euro por habitante) e a Deputación de 
Pontevedra 216.000 euros.
  Servizo gratuíto desde a recollida ata a adopción 
 
 Na actualidade máis de 500 cans están ó coidado do Centro de Acollida 
da Armenteira, no que se presta un servizo completamente gratuíto, desde
 a recollida do animal, o seu coidado, a atención veterinaria, ata a súa
 adopción con microchip xa incorporado, "un labor que a sociedade debe 
coñecer e que eloxian tanto o Colexio de Veterinarios de Pontevedra coma
 as protectoras de animais e outras asociacións que defenden os dereitos
 dos animais".
  Desde a súa posta en marcha, en abril de 2013, o CAAN realizou máis de 4.500 intervencións e promoveu máis de 700 adopcións.
 
 Os cans recollidos polos propietarios antes de ser trasladados ó Centro
 da Armenteira, previo aviso do servizo de lacería, foron 307; os cans 
recollidos no CAAN polos seus propietarios foron 336 ó non poder contactar cos propietarios no momento da recollida do can polos laceiros.
 
 Por concellos, no de Meis fixéronse 285 intervencións, seguido de 
Vilanova de Arousa con 262, A Estrada con 231, Redondela con 229 e 
Gondomar con 225.
  Por comarcas, é a do Salnés, con 1.120 
intervencións, a que encabeza a lista, seguida da de Vigo, con 980, e en
 terceiro lugar a de Deza, onde estas intervencións superan as 500.
 
 O responsable do servizo veterinario das instalacións, Xosé Luis 
Pedreira García, destacou que "non nos circunscribimos só á provincia de
 Pontevedra. Nos últimos días producíronse varias adopcións desde 
Cantabria, Valencia e Portugal". O CAAN dispón
 dunha páxina web con toda a información relativa ós animais que están 
nas instalacións e ó procedemento que se debe seguir para adoptar. O 
responsable do servizo de veterinaria do CAAN
 destacou, ademais, que todos os animais que saen deste centro levan o 
microchip incorporado, sen ningún tipo de custo para a familia que o 
acolle.
  "E ti, de quen vés sendo?"
  Sen 
problemas de capacidade no recinto, Pedreira salientou que no último ano
 se detectou un descenso do 20 % no número de cans que chegaron ó 
centro, pero fixo un chamamento ós propietarios "a que os identifiquen, 
porque só un 25 % destes animais teñen microchip, o que dificulta a súa 
localización".
  Nese eido a Deputación de Pontevedra está a 
traballar na concienciación da protección dos animais a través de 
distintas campañas; agora está en marcha a segunda campaña contra o seu 
abandono.
  "E ti, de quen vés sendo?"
 é unha iniciativa coa que se quere dar a coñecer a obriga de 
identificar os cans, así como resolver as dúbidas máis frecuentes sobre o
 microchip (as vantaxes que ofrece, como se implanta…). 
sábado, 13 de junio de 2015
New
Barro participa. 11 xuñ 2015 Os concellos adheridos ó CAAN aforran máis dun 64 % no servizo de recollida de animais abandonados
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
deputación
Etiquetas:
animales,
deputación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario