Dende a posta en
marcha do centro de acollida de Armenteira, en Meis, en abril de 2013, o CAAN
realizou máis de 4.500 intervencións nos
50 concellos adheridos ao servizo
·
Esta fin
celebrarase en Pontevedra o IV Congreso Veterinario do Noroeste con poñentes de
recoñecido prestixio internacional
·
400 profesionais
abordarán temas de especial interese na pediatría veterinaria
Fomentar o
dereito á vida dos animais, promocionar as adopcións e a erradicación do seu
abandono. Son os piares sustentan o servizo do Centro de Acollida de Animais
(CAAN) da Deputación de Pontevedra. Centro que dende a súa posta en
marcha en abril de 2015 xa realizou máis de 4.500 intervencións e promoveu máis
de 400 adopcións de mascotas.
Cun gran equipamento técnico e de persoal para tratar de
paliar as consecuencias do abandono, prestándolles a estes animais as atencións
necesarias (atención veterinaria, alimentación, vacinación,
desparasitación...), o CAAN atende especialmente ao pequenos concellos que non contan cos recursos
necesarios para prestar adecuadamente as súas competencias municipais en
materia medioambiental.
Na actualidade, 50
son os concellos adheridos a este servizo provincial de recollida de animais
domésticos abandonados que se rexe segundo o establecido no convenio de
colaboración aprobado en xullo de 2012 cos concellos de menos de 50.000
habitantes.
Por concellos, no de Meis fixéronse 285 intervencións,
seguido de Vilanova con 262, A Estrada 231, Redondela 229 e Gondomar 225.
Segundo o presidente do Colexio de Veterinarios de
Pontevedra, Luis Núñez, o “CAAN é un centro de referencia nacional no tocante á xestións dos animais abandonados”. Así o puxo de
manifesto na presentación do IV Congreso de Veterinaria do Noroeste que se vai
celebrar esta fin de semana en Pontevedra
IV Congreso de Veterinaria do Noroeste
Os días 5,6 e 7 de xuño, o Pazo da
Cultura de Pontevedra volverá ser o escenario do IV Congreso de Veterinaria do
Noroeste no que 400 profesionais abordarán cuestión relativas á pediatría
veterinaria (microscopía, cirurxía sen sangrado, ecografía, anestesia,
ecocardiografía, patoloxías neonatais, patoloxías oculares no cachorro, enfermedades infecciosas, vacinas, etc)
Organizado en máis de 20 conferencias e obradoiros, o
Congreso reunirá a poñentes de primeira fila e referentes de recoñecido
prestixio internacional como Giordana Zanna, Oriol Domenech, Vanessa Carballés,
Josep Arús, etc
Este congreso, que conta tamén coa colaboración do concello
de Pontevedra, enmárcase dentro das actuacións levadas a cabo pola Deputación
para a promoción e a protección do medio ambiente e o fomento do sector primario da
provincia.
II campaña contra o
abandono dos animais
Este congreso
servirá de escaparate da a II campaña contra o abandono dos animais que ten en
marcha a Deputación co lema E ti de quen
ves sendo? Unha iniciativa coa que se quere informar da obrigación de
identificar aos cans e resolver as dúbidas máis frecuentes respecto qué é un
microchip, qué ventaxes ofrece ou quen o pode pode implantar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario