OS TRABALLOS DE ESTABILIZACIÓN DUN NOIRO NA AUTOVÍA DO SALNÉS FARÁN NECESARIO O CORTE DUN CARRIL A PARTIR DO LUNS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 11 de febrero de 2023

OS TRABALLOS DE ESTABILIZACIÓN DUN NOIRO NA AUTOVÍA DO SALNÉS FARÁN NECESARIO O CORTE DUN CARRIL A PARTIR DO LUNS

 



      O corte afectará ao carril da calzada esquerda da autovía, no treito entre os puntos quilométricos 12+800 e 14+200, e manterase nos días laborables durante un mes

      O obxectivo é estabilizar un noiro situado en torno ao punto quilométrico 13+000 da autovía co fin de reforzar a seguridade e a conservación da infraestrutura

      No marco das inspeccións que a Xunta efectúa na rede viaria, detectouse a necesidade de reforzar a estabilidade do noiro, realizando un estudo técnico e a identificación dos parámetros xeotécnicos correspondentes

      Realizarase un tratamento a base de dobre capa de mallazo ou fibras sintéticas, bulóns e capa de formigón, colocando unha rede de drens para aliviar as presións da auga sobre o formigón proxectado

Os traballos de estabilización dun noiro na autovía do Salnés farán necesario o corte dun carril a partir do luns.

Este peche do tráfico afectará ao carril da calzada esquerda da autovía, no treito entre os puntos quilométricos 12+800 e 14+200.

O corte de carril será en días laborables ao longo dun prazo de aproximadamente un mes.

O obxectivo dos traballos é estabilizar un noiro situado en torno ao punto quilométrico 13+000 da autovía co fin de reforzar a seguridade e a conservación da infraestrutura.

No marco das inspeccións que a Xunta efectúa na rede viaria, detectouse a necesidade de reforzar a estabilidade do citado noiro, realizando un estudo técnico e a identificación dos parámetros xeotécnicos correspondentes

Realizarase un tratamento a base de dobre capa de mallazo ou fibras sintéticas, bulóns e capa de formigón de 10 cm de grosor, colocando unha rede de drens para aliviar as presións da auga sobre o formigón proxectado, de comportamento impermeable.

Por detrás da banda de formigón, a unha separación dun metro da liña de coroación do noiro, executarase unha cuneta para a canalización das augas, que derive mediante unha baixante á obra de drenaxe existente na zona do paso superior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario