NNXX constitúe a súa xunta local en Barro, presidida por Víctor Oubiña - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 15 de febrero de 2023

NNXX constitúe a súa xunta local en Barro, presidida por Víctor Oubiña

 



 

 

·        Luis López e Adrián Pardo participaron na presentación que se fixo esta fin de semana, xunto outros cargos populares da provincia.

·       Din que nesta nova etapa o PP local “aposta como nunca o fixo antes pola mocidade, quere que os máis novos se involucren, traballen e fagan propostas para o futuro do concello”.

                               

Novas Xeracións constituíu unha nova xunta local en Barro, presidida por Víctor Oubiña, que lidera un equipo renovado e maioritariamente feminino, con seis mulleres e tres homes. Así, con el, forman a nova executiva xuvenil Tania Búa, José Manuel Formoso, Raquel García, Nadia Couso, Virginia González, Paula Silva, o concelleiro Alberto Diz e Carmen Saavedra.

 

Esta fin de semana foi a presentación da agrupación xuvenil, nun acto ao que tamén asistiron o presidente provincial, Luis López; o presidente de NNXX de Galicia, Adrián Pardo; a presidenta provincial de NNXX, Ana Cristina Pérez Cabaleiro; os deputados nacionais Diego Gago e Juan Constenla; o deputado autonómico Fernando Pérez, así como o candidato á alcaldía e presidente da xestora local do PP, Eduardo Ruadas.

 

Víctor Oubiña amosouse ilusionado e dixo que forma parte dun novo equipo con moitas gañas, con moita forza, compromiso e que traballará arreo nesta nova etapa, apoiando a Eduardo Ruadas para acadar o maior resultado nas municipais de maio. En palabras de Oubiña, a constitución de NNXX de Barro “supón un paso moi importante, que marcará un antes e un despois para o partido, xa que a mocidade comeza a ter voz e voto. Traballaremos para que as cousas cambien no noso concello e Barro vaia polo bo camiño”. Ademais, dixo que “as portas están abertas para toda a mocidade que queira unirse ao noso proxecto”.

 

Nesta liña, afirmou que “hai ganas de cambio en Barro, e o único partido que ofrece unha alternativa real e seria para facelo é o PP”. Un partido que, dixo, nesta nova etapa “aposta como nunca o fixo antes pola mocidade, quere que os máis novos se involucren, traballen e fagan propostas para o futuro de Barro”. Recordou que hai décadas que NNXX quixo constituírse en Barro, “e se non o fixo antes, non foi porque non houbera mozos. Hai mocidade en Barro disposta a traballar polo seu concello”. Por iso, agradeceu a Eduardo Ruadas, o candidato e presidente da xestora local, o seu apoio aos máis novos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario