O Partido Popular de Barro reclama ao Goberno que actúe no parque de exercicios biosaudables na rúa das Baladas e no lavadoiro de Outeiro, en Perdecanai.
Recollen así as reclamacións dos veciños destes lugares, que se queixan polo estado lamentable destas instalacións. No que respecta ao parque biosaudable de San Antoniño, na rúa das Baladas, din os populares que é lamentable tanto na súa conservación, na falta de mantemento e no estado dos diferentes aparatos, que na súa maioría están rotos e inservibles para a practica deportiva. Ademais, afirman que os poucos que conservan todos os seus elementos están completamente oxidados.
Por iso, o candidato á alcaldía, Eduardo Ruadas, pide un plan de mantemento para estas infraestruturas e que se corrixan estes problemas para que os usuarios poidan utilizar estas instalacións de xeito seguro. Ademais, propón tamén que se instalen bancos nestas áreas.
Ademais, os
populares sinalan que é urxente mellorar o lavadoiro de Outeiro de Perdecanai,
que presenta graves problemas de conservación provocado pola falta de
mantemento. Din que os veciños xa se interesaron, incluso, por coñecer si este
lavadoiro é de titularidade municipal ou privada. “É fundamental protexer o
patrimonio municipal, e por iso reclamamos ao concello que atenda as demandas
destes veciños, aclare si é un municipal e, nese caso, traballe na súa
recuperación”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario