O PP DE BARRO ESIXE AO GOBERNO MUNICIPAL O REPINTADO DE MARCAS VIAIS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 17 de febrero de 2023

O PP DE BARRO ESIXE AO GOBERNO MUNICIPAL O REPINTADO DE MARCAS VIAIS



 

O Partido Popular de Barro reclama ao Goberno municipal,  que tome as medidas, necesarias en relación co estado as marcas vías nas rúas e vías de titularidade municipal, e dar cumprimento  ao Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico,  circulación de vehículos de motor e Seguridade vial.

En xeral o estado de visibilidade, por falta de pintado dos pasos de peóns das vías titularidade municipal , é moi deficiente, e nalgúns casos, estas marcas son practicamente invisibles en xeral e en especial en días de chuvia, escuridade, ou de condicións climatolóxicas adversas, co perigo que isto comenta para a integridade física dos peóns e resto de usuarios as vías municipais,  sendo esta responsabilidade do concello, segundo o artigo 7,7,7, do citado Real decreto lei 6/2015.

E para poder dar cumprimento ao articulo 25, alínea (a), do mencionado Real decreto lexislativo, e que os peóns teñan garantida a súa prioridade , e en consecuencia a súa integridade física, deberíase á máxima urxencia, a proceder ao repintado de todos os pasos de peóns de titularidade municipal.

Tamén sería recomendable a vixilancia, e toma-las medidas sancionadoras correspondentes, sobre todos aqueles usuarios de vehículos, que usan as beirarrúas e demais zonas peonís para estaciona-les os seus vehículos, de forma que poñen en perigo a seguridade das persoas, e en especial aquelas con problemas de mobilidade reducida, ou menores de idade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario