Partido Popular de Barro pídelle ao goberno municipal a limpeza e mantemento das cunetas das vías de titularidade municipal - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 18 de febrero de 2023

Partido Popular de Barro pídelle ao goberno municipal a limpeza e mantemento das cunetas das vías de titularidade municipal

 






O Partido Popular de Barro pídelle ao goberno municipal a limpeza e mantemento das cunetas das vías de titularidade municipal, da parroquia de Constenla, así como das marxes da estrada que leva ao campo de fútbol.

Despois da reunión que mantivemos cos veciños desta parroquia, queremos trasladarlle o descontento da veciñanza polos problemas que padecen dende hai tempo, debido ao abandono e inacción por parte do noso concello.

A falta de limpeza e mantemento das cunetas, favorece que a auga que baixa pola estrada inunde as vivendas e garaxes en reiteradas ocasións sen que o concello tome ningunha medida para solucionar este problema dos veciños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario