Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 31 de diciembre de 2013

Fomento aspira a eliminar 8 pasos a nivel en la comarca con la entrada en servicio del AVE

Ocho pasos a nivel persisten en la comarca, dos de ellos en el municipio de Pontevedra, si bien sus días podrían estar contados ya que la pretensión del Ministerio de Fomento es que todos ellos queden eliminados con la puesta en servicio del nuevo Eje Atlántico Ferroviario A Coruña-Vigo, en ejecución desde hace años y cuyas obras estarán listas, según los planes del Estado, en 2014.
Un reciente balance del Gobierno central sobre los pasos a nivel existentes en la provincia detalla que son aún 42 puntos donde aún se cruza sobre las vías del tren sin alternativa elevada o subterránea. De ellos, dos se ubican en Pontevedra, otros dos en Barro, tres más en Caldas de Reis y uno en Portas, todos ellos municipios por los que pasa el Eje Atlántico. En toda Galicia son 177 los pasos que aún existen ya que a los 42 de Pontevedra se deben añadir 87 en Lugo, 24 en A Coruña y otros 24 en Ourense.
El Gobierno informa de que en la actualidad solo se trabaja en la eliminación de dos pasos en Catoira, si bien está reservada una cantidad de 369.000 euros en el trienio 2013-2015 para estos trabajos.
En el caso de Pontevedra, el Eje Atlántico ya está ejecutado y en servicio en su tramo Sur, desde Pontesampaio hasta poco antes de la estación, mientras que en el casco urbano y al Norte se trabaja en el tendido de las vías.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/12/31/fomento-aspira-eliminar-8-pasos/940615.html


Francisco J. Moldes Fontán, Chuco, nombrado socio honorario y asesor para temas culturales de la AC Fervenza da Barosa de Barro.

  • Su contribución a la difusión y apoyo de la cultura, del concello de Barro y colaboración con la Asociación Amigos da Fervenza da Barosa hicieron que la propuesta y nombramiento de socio honorario fuese unánime por parte de la directiva.
  • La AC Fervenza da Barosa le pedirá que le asesore en temas culturales.
  • "Chuco" Moldes recibirá este diploma durante los próximos días en su próxima estancia en Barro con motivo de las fiestas navideñas.
  • El pasado 28 de Agosto protagonizó la charla-coloquio organizada por la AC Fervenza da Barosa "Un de Barro polo mundo....40 anos despois"
La Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro entregará en los próximos días a Francisco J. Moldes Fontán, Chuco, el diploma que lo acredita como 1er. "Socio Honorario" y le pedirá que acepte el nombramiento como asesor en temas culturales de la AC Fervenza.

El nombramiento se produjo de manera unánime por la directiva de la AC Fervenza da Barosa el pasado 29 de Agosto de 2013 tras la charla ofrecida por el diplomático de Barro "Un de Barro polo mundo....40 anos despois".

Moldes Fontán, es actualmente el Consejero de Educación, Cultura y Deportes en la Embajada de España en Argentina, de la que también dependen Chile, Uruguay y Paraguay. Anteriormente en su dilatada carrera profesional y personal, fue maestro en el IES Sanchez Cantón, también diplomático en Marruecos, Portugal o Brasil, alto cargo del Ministerio de Presidencia, o diputado en la III Legislatura en el Congreso.

Fue en esta última faceta el diputado que propuso la creación de un programa para desaparecidos en TVE, que la cadena pública materializó con "Quien Sabe Donde", de Paco Lobatón. Como diplomático logró que en 1997 el español fuera lengua oficial de estudio en todas las escuelas de Portugal.

Hizo crítica literaria sobre Kakfa, Umberto Eco y de Torrente Ballester del que fue amigo y colaborador. También fue articulista en periódicos como El País, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, etc.

El acto de entrega del diploma se celebrará en la sede social de la Asociación.


A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ASINOU ONTE OS CONVENIOS COAS EMPRESAS DO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DO QUE SE BENEFICIAN CASE 500 BOLSEIROS



·       Son unhas 400 empresas da provincia as que se benefician deste programa, con un, dous ou tres bolseiros cada unha.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, reuniuse onte á tarde xunto  Begoña Estévez e a xefa de persoal, María Jesús Torres Peón, con representantes das empresas adxudicatarias do II plan de práctica laboral para proceder á firma de contratos.
Rafael Louzán destacou o carácter innovador desta iniciativa  pioneira que cumpre unha dobre función: Por unha banda, dar unha primeira oportunidade a mozos e mozas titulados de obter experiencia laboral na profesión para a que se formaron e, en consecuencia, mellorar as súas posibilidades de inserción laboral e evitar a fuga de talentos; e por outra, ofrecer ás empresas a posibilidade de contar con persoal cualificado que ten moito que aportar e que pode contribuír de forma decidida a mellorar os seus resultados.
O presidente da Deputación confía ademais en que tanto as empresas como os 500 bolseiros que esta mañá xa tiveron a primeira toma de contacto coas entidades nas que dende o vindeiro martes ou xoves se incorporarán,  aproveiten unha oportunidade a través da cal se enriquecerán mutuamente.
Por outra banda, destacou que na medida en que se consiga que o que hoxe se asina como bolsas de práctica laboral se converta en contratos de traballo en 2015, abra nun futuro as portas “conseguindo que o que este país investiu en formar á súa xuventude reverta na nosa sociedade por medio da mellora da competitividade, da produtividade e da capacidade de xeración de riqueza, xa que non é xusto que nós formemos talentos e persoal cualificado e sexa outro país o que lle saque rendemento a ese investimento”.
Obrigas das empresas:
1.     Garantir que o bolseiro conte cun titor  que o asesore, colabore na súa formación e supervise as tarefas que realiza, para que poida adquirir os coñecementos prácticos necesarios.
2.    Cumprir co programa formativo que co optaron ás bolsas, non encargándolle tarefas alleas ao contido das súas prácticas
3.    Contratar ao bolseiro cando exista compromiso de inserción. De resultarlle totalmente imposible, deberá xustificalo no prazo máximo de 3 meses desde que rematen as prácticas.
4.    Sufragar os gastos de desprazamento e estancia, no caso de que o bolseiro deba realizar algún traballo fóra do municipio no que se desenvolven as prácticas de forma habitual.
5.    Conceder permiso aos bolseiros para a realización de exames de carácter oficial, permitirlle a asistencia a accións formativas relacionadas coa súa titulación e concederlle polo menos dous días hábiles libres ao mes, ademais do descanso semanal legalmente establecido.



lunes, 30 de diciembre de 2013

A TEMPADA DE PESCA 2014 EN GALICIA INICIARASE O 16 DE MARZO E REMATARÁ O 31 DE XULLO


O DOG publica a orde na que se definen as normas para a pesca de determinadas especies nas augas continentais da Comunidade Autónoma


§      Entre as novidades desta tempada destaca a recuperación das cotas de captura xeral para reo e troita no río Umia e a declaración de novas masas salmoneiras como consecuencia do Plan de recuperación do salmón na Coruña
§      Aumenta a cota de captura do salmón nos ríos Lérez e Ulla, que pasa de 8 a 12 exemplares no primeiro e de 35 a 40 no segundo
§      A pesca do reo iniciase o 1 de maio e remata segundo o couto entre os meses de agosto e setembro, mentres que a captura da troita comeza o 16 de marzo ata o 31 de xullo, agás nos coutos conveniados que se prolongará ata o 30 de setembro
§      A orde tamén aclara as condicións da captura dos ciprínidos e perca negra, saboga, cangrexo vermello americano e cangrexo sinal, anguía e lamprea
§      Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos

A tempada de pesca para o ano 2014 na Comunidade galega comezará o vindeiro 16 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na orde que recolle as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Trátase dunha orde anual na que se definen as normas xerais de pesca fluvial de distintas especies ictícolas e dos demais seres vivos que habitan as augas continentais de Galicia e que é acorde aos artigos 46 e 47 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

Entre as novidades que destacan na orde que se publica hoxe atopánse a recuperación das cotas de captura xeral para reo e troita no río Umia, e a declaración de novas masas salmoneiras como consecuencia do Plan de recuperación do salmón na Coruña que declara 6 novos tramos de augas nos ríos Anllóns, da Balsa, de Cundíons, Mera, da Purgueira e Sor.

Outras das modificacións son a creación de 11 tramos de pesca sen morte que acadan unha lonxitude total de 39,4 quilómetros (A Coruña: 1; Lugo: 3; Ourense: 4 e Pontevedra: 3), e a reapertura de coutos vedados na provincia de Pontevedra, que despois de moitos anos e grazas ás labores de recuperación efectuadas suprímese o vedado en Portamuíño (río Almofrei), Fragoso (río Lagares e afluentes) e das Neves (río Termes). Tamén é importante a supresión no Couto de Soutomaior (tramo río Verdugo) que grazas a traballos realizados para a recuperación do ecosistema, xunto coas repoboacións sistemáticas efectuadas, permiten agora a súa apertura.



Salmón
O período hábil para a pesca do salmón nos coutos da Pontenova, Betanzos, Celeiro, Couso, Frieira, Monteporreiro, Salmeán, Sinde e Ximonde irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, pero poderá adiantarse o remate da temporada en función das cotas de captura. No río Eo a tempada dará comezo o 27 de abril e rematará o 15 de xullo, por acordo coas autoridades do Principado de Asturias. Por outro lado, nos coutos do río Ulla poderá practicarse a pesca sen morte do salmón.

A cota de captura está establecida nun exemplar por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 40 centímetros. Destaca a subida das cotas nos ríos Lérez e Ulla, que pasan de 8 a 12 exemplares no primeiro e de 35 a 40 no segundo. No río Mandeo os exemplares serán 5, 15 no río Masma, 8 no río Miño, e 10 no couto de Salmeán. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.

En relación cos engados (engado é o material que se pon no anzol para atraer á presa e que o trague) poden ser naturais autorizados como as miñocas e quisquillas, ou artificiais que son construídos imitando animais ou outros obxectos que poden ser atractivos para os peixes que se queren capturar. Estes poden ser a mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Dende o 1 de xuño ata fin da tempada os engados só poderán ter un anzol simple. Para a pesca sen morte do salmón no río Ulla autorízase unicamente a mosca artificial con anzol sen arponciño.

Pautas especiais na captura do salmón
Na orde tamén se recolle unha serie de prescricións especiais para as capturas do salmón. Así, aquelas que sexan accidentais fora da tempada hábil, de exemplares de menos de 40 centímetros, e máis as capturas en tramos de pesca sen morte terán que ser devoltas a auga con rapidez, mantendo ao pez na auga mentres se libera do engado podéndose valer dunha sacadeira. Deste xeito, nunca deberá estar suspendido verticalmente suxeitándolle pola cola, e de ser preciso, procederase a cortar a sedela para liberar o peixe.

En todos os salmóns capturados comprobarase a existencia de micromarcas magnéticas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados. Dado que os salmóns micromarcados proceden das repoboacións efectuadas pola Administración galega ou por outras administracións españolas ou estranxeiras, débense recuperar as mesmas mediante a extracción dun fragmento da cartilaxe nasal no que se atope a citada micromarca magnética. Nestes casos, deberase prestar a colaboración necesaria e permitir a permanencia do salmón no centro de precintaxe o tempo necesario para a recuperación da micromarca magnética, propiedade da Administración autora da repoboación.

A pesca do reo
En función do couto no que se practica este deporte, a Xunta establece unha data de remate da tempada:
-         Coutos de Celeiro (lotes 2 e 3), Couso, Lambre, Monteporreiro, Noia, Noval, Ombre, Padrón, Ponte Arnelas, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Sinde, Traba, Viveiro (lotes 2 e 3), Ximonde e Xuvia a tempada comezará o 1 de maio e rematará o 30 de setembro.
-         No couto de Betanzos dende o 1 de maio ata o 14 de setembro.
-         No río Eo compartido a tempada iniciarase o 18 de maio ata o 15 de agosto.

Cómpre sinalar que nas zonas de desembocadura non se autoriza a captura do reo e noutras masas de auga (distintas das citadas anteriormente) establécese un período de pesca que discorre dende o 1 de maio ao 31 de xullo.

Para esta especie, fíxase unha captura de 5 exemplares, dunha dimensión mínima de 35 centímetros, por persoa e xornada. No couto da Ponte do Porto a cota de captura é de 2 exemplares por persoa e xornada, e no río Eo compartido a dimensión mínima establecida é de 25 centímetros e a cota de captura é de 28 reos ou troitas por persoa e día.

Sobre os engados, nos caso dos artificiais permítense os mesmo que no caso do salmón ao que se suma o risco. No que respecta aos engados naturais, permítense todos agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural, nas augas salmoneiras non se permiten os cebos naturais agás para a pesca do salmón nos seus coutos.

Captura da troita
Para esta especie a tempada comezará o 16 de marzo e rematará o 31 de xullo. Nos coutos conveniados prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nos ríos salmoneiros non empezará a tempada ata o 1 de maio.

Por norma xeral establécese a posibilidade de capturar 10 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 centímetros, e os engados son os mesmos que os da tempada pasada, engadindo a posibilidade de empregar o asticot nos encoros incluídos no anexo VII da Orde de Vedas.

Na normativa que publica hoxe o DOG tamén se aclaran as condicións da captura das seguintes especies: ciprínidos e perca negra, saboga, cangrexo vermello americano e cangrexo sinal. Con respecto á anguía a norma establece a vedada para a pesca deportiva e a lamprea autorízase unicamente nos ríos Tea e Ulla.

Xornadas hábiles
Tal e como se recolle na normativa, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos, e nos coutos de pesca tamén serán inhábiles os xoves.

Os coutos conveniados con sociedades colaboradoras de pesca poderase pescar os xoves na modalidade de pesca sen morte.

En relación coas horas, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saía do sol e unha hora despois da posta. As horas serán as establecidas a páxina web de MeteoGalicia.

Perdecanai gaña a penaltis e as casadas ás solteiras

A final foi vibrante e igualada, tanto que tiveron que ir á tanda de penaltis para decidiren quen era a mellor equipa parroquial do ano 2013.

O trofeo do I Campionato Interparroquial foi para a parroquia de PERDECANAI.
 


Foi un partido vibrante e emocionante no que se impuxeron as casadas ás solteiras.
Alén do resultado, pasámolo tod@s moi ben.
PARABÉNS CASADAS! (As solteiras xa pensan na revancha)




URXENTE: Búscase can desaparecido pola zona do polígono de Curro. COMPARTIR!!!


SE BUSCA PERRO DESAPARECIDO

Desapareció la mañana del 29 de diciembre junto a otro perro que ha aparecido por las cercanías del polígono de curro-meis. Este perro no es de ninguna raza en especial pero posee rasgos entre cocker y golden muy dócil y cariñoso. Creemos que al no encontrarse por la zona que alguien lo recogiera pensando que se encontrarse abandonado,se agradecería que cualquier persona que sepa de su paradero o que por casualidad lo viera que se ponga en contacto al siguiente numero de teléfono.

671827566



 

Felicitación e Festa do Nadal na Escola Infantil da Galiña Azul de Barro.

FESTA DO NADAL

O 2O de decembro celebramos unha festa  na escola.
Os nenos das aulas de 2-3 cantaron unha panxoliña:
“Buscando a Papá Noel”
A árbore de Nadal
Cando por fin a atopou,
Cantou o peto real
Non, non, non…
Que este é o meu fogar (bis)
Buscando a Papá Noel
A árbore de Nadal
Cando por fin a atopou,
O esquío empezou a cantar
Non, non, non
Que este é o meu fogar (bis)
Buscando a Papá Noel
A árbore de Nadal
Cando por fin a atopou
O zorro empezou a cantar
Non, non, non
Que este é o meu fogar (bis)
Buscando a Papá Noel
A árbore de Nadal
Cando por fin a atopou
O oso empezou a cantar.
Non, non, non
Que este é o meu fogar (bis)
Buscando a Papá Noel
A árbore de Nadal
Os gnomos daqueles bosques
Quixérono axudar:
Si, si, si, si, si, si
Esta árbore servirá
Si, si, si, si, si, si
Todos xuntos a cantar
LA, LA, LA,
QUE ARTISTAS!!!
QUE BEN O FIXERON….




Recibimos a visita de Papá Noel  acompañado dun trasno que repartiron regalos e gusanitos  entre os nenos/as.








E para rematar ,disfrutamos de chocolate quentiño con galletas….Que rico!!!!!
GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR E TAMEN A PAPA NOEL  E O TRASNO!!!!!

Escrito por barro, o 27 Decembro 2013 15:12

A ANPA “Os Barriños” organizou o sorteo dunha cesta,  na que o gañador tiña que ter o boleto coas  3 últimas cifras do 1º premio da loteria do nadal 246.

Bo Nadal!!!!!


Postal de nadal,realizada polos nenos e nenas das aulas de 2-3 para participar no concurso de postais do concello de Barro.

URXENTE:O LITORAL DA CORUÑA E DE PONTEVEDRA ESTARÁN EN ALERTA LARANXA POR UN TEMPORAL DE VENTO DURANTE O LUNS


§      Os refachos, de forza 8, comezarán de madrugada no noroeste e o oeste da costa coruñesa, para estenderse ao resto da provincia e a Pontevedra a partires da tarde

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal de vento que afectará na xornada de mañá ao litoral das provincias da Coruña e de Pontevedra, polo que se activará alerta laranxa para estas zonas.

O temporal de mar iniciarase en torno ás 6,00 da madrugada no noroeste e o oeste da provincia da Coruña, con intervalos de ventos do suroeste forza 8 e mar combinada do oeste. Está previsto que xa no comezo da tarde o temporal se estenda ao suroeste da Coruña e ao litoral de Pontevedra, onde haberá mar combinada do oeste.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Xunta de Galicia:COMPARTE SAUDE.DOA SANGUE.SEMANA 30 DECEMBRO Ó 4 XANEIRO 2014.PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Seguindo coa nosa colaboración co Centro de Tranfusión de Galicia, dentro da campaña "COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE", publicamos a ubicación das UM de Doazón de Sangue para esta semana. E xa sabedes, doade sangue.É compartir saude.