"2º Nadal Solidario en Barro". Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro organizada pola AC Fervenza da Barosa - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

martes, 10 de diciembre de 2013

"2º Nadal Solidario en Barro". Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro organizada pola AC Fervenza da Barosa




  • Nesta 2ª edición "Nadal Solidario en Barro"  preténdese recoller e superar os máis de 500 kg do ano pasado.
  • Establécense 17 puntos de recollida en total, situados en tódalas parroquias do concello, en distintos lugares, como igrexas, locais comerciais ou hosteleiros
  • Colaboran na actividade como patrocinadores Envialia-Transpobedasa, Adega Moraima, Fotografía Copyline, Supermercado DIA e Supermercado San Antoniño.
  • Colaboran tamén na actividade @s 17 locais, entidades públicas e privadas, locais comerciais, locais hosteleiros que figuran como puntos de recollida.

Barro, 10 de Decembro de 2013. A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, organiza o
"2º Nadal Solidario en Barro", que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.

Esta campaña desenrolarase dende os vindeiros días ata despois das festividade de Reis, en Xaneiro de 2014, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.

Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar os 508 kg recollidos o ano pasado.

Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuarán como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios.

Existen dous teléfonos de contacto para calquera suxestión que serán o 668.853.863 e o 668.878.958

Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.

A día de hoxe, os puntos de recollida habilitados son:

SUPERMERCADO DÍA (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
SUPERMERCADO SAN ANTONIÑO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
CENTRO DE SAUDE DE BARRO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
COLEXIO PUBLICO AMOR RUIBAL (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
IES PÚBLICO DE BARRO (OUTEIRO-PERDECANAI)
CASA OUBIÑA(GÁNDARA-PERDECANAI)
IGREXA PARROQUIAL (PERDECANAI)

IGREXA PARROQUIAL (BARRO)
A DE MARUJA (BARRO)

A DE RIAL (VALIÑAS)
IGREXA PARROQUIAL (VALIÑAS)

IGREXA PARROQUIAL (AGUDELO)

IGREXA PARROQUIAL (PORTELA)
CAFE-BAR A LAREIRA (PORTELA)

IGREXA PARROQUIAL(CURRO)
SUPERMERCADO MOLDES(FONTE DE CURRO)

Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade e non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas xestións que estamos realizando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario