Medio Rural da Xunta de Galicia paga 24.000 polos traballos de limpeza no monte de Curro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

viernes, 20 de diciembre de 2013

Medio Rural da Xunta de Galicia paga 24.000 polos traballos de limpeza no monte de Curro.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá os traballos de limpeza e roza que a comunidade de montes de Curro en Pontevedra está a executar grazas a colaboración económica da Consellería de Medio Rural e do Mar.
Na visita, Cores Tourís estivo acompañado do presidente da comunidade de montes, Miguel Maquieira, membros da xunta rectora, así como do xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, e o xefe do Servizo de Incendios, Manuel Francisco.
O monte de Curro, no concello de Barro, ten unha superficie de 255 hectáreas, dos cales 233 é zona arborada, dos que 220 corresponden a piñeiros, case 5 a carballos e 8 a eucaliptos.
O delegado territorial acercouse ata o lugar onde se están a executar traballos nestes intres invitado pola comunidade de montes e que supoñen a execución de mellora en pistas forestais ao longo de máis de 5 quilómetros, así como a execución de cortalumes e a execución de faixas auxiliares. Tamén se levaron a cabo labores de silvicultura como podas, rareos e recollida de restos de masas forestais.
“En total, o investimento superou os 30.000 euros, o 80% dos cales foron aportados pola administración autonómica”, explicou Cores Tourís, quen asegurou que o obxectivo destes traballos “é ter o monte preparado de cara a chegada do próximo verán”.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra engadiu que a administración autonómica está a traballar para limpar e preparar os montes de cara a frear o risco de incendios. Deste xeito, no presente ano, a Consellería de Medio Rural e do Mar investiu máis de 4 millóns de euros en labores de roza, execución de puntos de auga e limpezas silvícolas.
José Manuel Cores Tourís aproveitou esta visita para facer un chamamento á implicación da cidadanía. “Aínda que estamos en temporada baixa de risco de incendios, está claro que as imprudencias e a gañas de facer dano tamén existen, polo que pedimos a implicación da cidadanía solicitándolle que extremen calquera acción que desenvolvan no monte en calquera época do ano. Entre todos temos que coidar dos nosos montes”, rematou o delegado territorial.

Finalmente, durante a súa visita, o delegado territorial da Xunta puido comprobar a posta en marcha de labores de limpeza e mantemento do monte realizadas pola propia comunidade de montes de Curro nun total de 120 hectáreas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario