UN TOTAL DE 51 CENTROS PONTEVEDRESES PARTICIPARÁN ESTE
CURSO EN ‘COMBAS’, A NOVA INICIATIVA DE CULTURA E EDUCACIÓN PARA O IMPULSO DA
MELLORA DO ENSINO SEGUNDO AS NECESIDADES DE CADA CENTRO
- A iniciativa da Consellería enmárcase na política de fomento da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros
- Trátase de un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros a través do plan anual de formación de docentes
A Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución da primeira
convocatoria do Proxecto Combas, un novidoso plan de formación do profesorado
que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros educativos a
través do Plan Anual de Formación do Profesorado, na que este curso
participarán un total de 51 centros educativos da provincia de Pontevedra, en
concreto nos que se reflicten na seguinte táboa:
NOME DO CENTRO
|
CONCELLO
|
CEIP O Foxo
|
A Estrada
|
CEIP As Covas - Meaño
|
Meaño
|
CEIP Xunqueira 1
|
Pontevedra
|
CPI Julia Becerra Malvar
|
Ribadumia
|
CEIP Nosa Señora da Piedade
|
Vila de Cruces
|
CEIP A Rúa
|
Cangas
|
CPR Plurilingüe Santiago Apóstol
|
Ponteareas
|
CEIP Escultor Acuña
|
Vigo
|
CEIP García Barbón
|
Vigo
|
CEIP Otero Pedrayo
|
Vigo
|
CEIP San Salvador
|
Vigo
|
CPR Plurilingüe Don Bosco
|
Vigo
|
CPR San José de la Guía
|
Vigo
|
IES Carlos Casares
|
Vigo
|
CEIP Cabada Vázquez
|
A Estrada
|
CEIP Agolada
|
Agolada
|
CEIP Amor Ruibal
|
Barro
|
CPR A Encarnación
|
Caldas de Reis
|
IES Aquis Celenis
|
Caldas de Reis
|
CEIP Pedro Antonio Cerviño
|
Campo Lameiro
|
CEIP Nosa Sra das Dores
|
Forcarei
|
CEIP Manuel Rivero
|
Lalín
|
CEIP Xesús Golmar
|
Lalín
|
IES Laxeiro
|
Lalín
|
CEIP do Carballal
|
Marín
|
IES Mestre Landín
|
Marín
|
CEIP A Reigosa
|
Ponte Caldelas
|
CEIP de Campolongo
|
Pontevedra
|
CEIP Parada Campañó
|
Pontevedra
|
CEIP San Bieito de Lérez
|
Pontevedra
|
CEIP Santo André de Xeve
|
Pontevedra
|
CPR Calasancias
|
Pontevedra
|
IES Luis Seoane
|
Pontevedra
|
IES de Sanxenxo
|
Sanxenxo
|
CEIP de Silleda
|
Silleda
|
IES de Valga
|
Valga
|
CEIP A Escardia
|
Vilagarcía de Arousa
|
CEIP A Lomba
|
Vilagarcía de Arousa
|
CPR Sagrada Familia
|
Vilagarcía de Arousa
|
IES Castro Alobre
|
Vilagarcía de Arousa
|
CEIP San Roque
|
Vilanova de Arousa
|
IES Faro das Lúas
|
Vilanova de Arousa
|
CEIP San Roque Darbo
|
Cangas
|
CEIP Chano Piñeiro
|
Gondomar
|
CEIP A Guía
|
Moaña
|
CEIP Carlos Casares
|
Nigrán
|
IES de Ponteareas
|
Ponteareas
|
CEIP Outeiro das Penas
|
Redondela
|
IES de Salvaterra de Miño
|
Salvaterra de Miño
|
CRA Mestra Clara Torres
|
Tui
|
CPR San Fernando
|
Vigo
|
A través desta iniciativa o departamento
educativo da Xunta de Galicia dá un novo impulso aos programas para a mellora
da calidade educativa en relación coa formación en competencias básicas en cada
centro de ensino, a través da análise das súas necesidades particulares.
Trátase dunha nova accións que se enmarca na política da Consellería de fomento
da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na
mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros.
O obxectivo de Combas é apoiar a integración
das competencias básicas (CCBB) no currículo na programación que se imparte, a
través de concrecións curriculares para cada centro educativo participante,
incidindo de forma especial na adecuación metodolóxica e na avaliación.
Asemade, os centros participantes terán prioridade para o desenvolvemento de
actividades de formación en centros nas próximas convocatorias, un proxecto
piloto que se puxo en marcha no curso 2012/2013.
O proxecto é unha iniciativa máis dentro da
aposta da Consellería de Cultura e Educación pola formación do profesorado
galego como piar fundamental no avance cara á excelencia no ensino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario