TÉCNICOS DE AREEIRO ACONSELLAN A APLICACIÓN DE TRATAMENTOS CON PRODUTOS A BASE DE COBRE EN ÁRBORES FROITEIRAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 9 de diciembre de 2013

TÉCNICOS DE AREEIRO ACONSELLAN A APLICACIÓN DE TRATAMENTOS CON PRODUTOS A BASE DE COBRE EN ÁRBORES FROITEIRAS


Ante as chamadas pola aparición dun bicho nas vivendas, informa que se trata dun insecto das coníferas e que non é perigoso para as persoas

· As altas temperaturas produciron a caída de follas e a necesidade de tratamento sobre maceira, peral e kiwi

Técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro aconsellan que ante as temperaturas altas rexistradas nos primeiros meses de outono e ata ben avanzado este, abrollaron algunhas plantas froiteiras, á vez que foron perdendo follas. Por este motivo, recomendan aplicar tratamentos con produtos a base de cobre para reducir, de cara á próxima campaña, o nivel de inóculo de diferentes patoloxías e protexer tamén as pequenas feridas provocadas coa caída da folla, que son vía de entrada de patóxenos. Estes tratamentos é conveniente realizalos:

· En maceira e membrillero, cando se rexistra unha caída de folla do 50%. Pode renovarse cando se perdeu un 80% das follas. No caso da maceira, se as plantas tiveron un ataque forte de moteado, pode engadirse urea cristalina, tratando tamén as follas caídas ao chan. Ademais, en caso de instalar bandas-trampa para capturar ás orugas invernantes de Cydia pomonella, pode aproveitarse para retiralas e destruílas.

· En peral e froiteiros de óso, cando a caída da folla estea en torno ao 80%. As intervencións poden renovarse cando as árbores estean xa completamente defoliados. No caso do peral, se houbo problemas de moteado en campaña, debe engadirse urea cristalina ao cobre, tratando igualmente as follas caídas ao chan. No caso do pexegueiro, que todos os anos sofre na provincia o ataque da lepra, este tratamento é unha das bases para unha boa protección.

· En kiwi, e debido á gravidade da bacteriosis causada por Pseudomonas psyringae actinidiae o primeiro tratamento con produtos cúpricos debe ser realizado despois da recolección (polas microlesións derivadas do arranque do froito), outro á caída da folla e un terceiro en pleno inverno, inmediatamente despois de pódaa. Cando sexa o momento de podar, as plantas afectadas deben ser as últimas, e podarse en tempo seco desinfectando sempre os útiles de poda.




Insecto nas vivendas

Por outra banda, e no mesmo aviso fitosanitario, Areeiro informa de múltiples chamadas de cidadáns á estación fitopatolóxica interesándose por un insecto que aparece nas súas vivendas. Trátase, segundo indican desde a Areeiro, dun insecto que ataca ás coníferas, sobre todo ao pino, e que non presenta ningún tipo de risco para as persoas nin materiais.

O Leptoglossus occidentalis, que así se chama o insecto, está a ser detectado en numerosas vivendas e edificiacións porque, segundo explican desde Areeiro, acode a elas para resgardarse do inverno, pero non causa danos na vivenda.

 Adoita atacar os pinos, comendo boa parte dos piñóns, pero polo momento a Estación Fitopatolóxica non detectou danos en plantacións da provincia.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario