A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ASINOU ONTE OS CONVENIOS COAS EMPRESAS DO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DO QUE SE BENEFICIAN CASE 500 BOLSEIROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 31 de diciembre de 2013

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ASINOU ONTE OS CONVENIOS COAS EMPRESAS DO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DO QUE SE BENEFICIAN CASE 500 BOLSEIROS



·       Son unhas 400 empresas da provincia as que se benefician deste programa, con un, dous ou tres bolseiros cada unha.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, reuniuse onte á tarde xunto  Begoña Estévez e a xefa de persoal, María Jesús Torres Peón, con representantes das empresas adxudicatarias do II plan de práctica laboral para proceder á firma de contratos.
Rafael Louzán destacou o carácter innovador desta iniciativa  pioneira que cumpre unha dobre función: Por unha banda, dar unha primeira oportunidade a mozos e mozas titulados de obter experiencia laboral na profesión para a que se formaron e, en consecuencia, mellorar as súas posibilidades de inserción laboral e evitar a fuga de talentos; e por outra, ofrecer ás empresas a posibilidade de contar con persoal cualificado que ten moito que aportar e que pode contribuír de forma decidida a mellorar os seus resultados.
O presidente da Deputación confía ademais en que tanto as empresas como os 500 bolseiros que esta mañá xa tiveron a primeira toma de contacto coas entidades nas que dende o vindeiro martes ou xoves se incorporarán,  aproveiten unha oportunidade a través da cal se enriquecerán mutuamente.
Por outra banda, destacou que na medida en que se consiga que o que hoxe se asina como bolsas de práctica laboral se converta en contratos de traballo en 2015, abra nun futuro as portas “conseguindo que o que este país investiu en formar á súa xuventude reverta na nosa sociedade por medio da mellora da competitividade, da produtividade e da capacidade de xeración de riqueza, xa que non é xusto que nós formemos talentos e persoal cualificado e sexa outro país o que lle saque rendemento a ese investimento”.
Obrigas das empresas:
1.     Garantir que o bolseiro conte cun titor  que o asesore, colabore na súa formación e supervise as tarefas que realiza, para que poida adquirir os coñecementos prácticos necesarios.
2.    Cumprir co programa formativo que co optaron ás bolsas, non encargándolle tarefas alleas ao contido das súas prácticas
3.    Contratar ao bolseiro cando exista compromiso de inserción. De resultarlle totalmente imposible, deberá xustificalo no prazo máximo de 3 meses desde que rematen as prácticas.
4.    Sufragar os gastos de desprazamento e estancia, no caso de que o bolseiro deba realizar algún traballo fóra do municipio no que se desenvolven as prácticas de forma habitual.
5.    Conceder permiso aos bolseiros para a realización de exames de carácter oficial, permitirlle a asistencia a accións formativas relacionadas coa súa titulación e concederlle polo menos dous días hábiles libres ao mes, ademais do descanso semanal legalmente establecido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario