LOUZÁN ANUNCIA UNHA NOVA CONVOCATORIA PARA QUE PERSONAS CON DISCAPACIDADE POIDAN TRABALLAR EN EMPRESAS DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 20 de diciembre de 2013

LOUZÁN ANUNCIA UNHA NOVA CONVOCATORIA PARA QUE PERSONAS CON DISCAPACIDADE POIDAN TRABALLAR EN EMPRESAS DA PROVINCIA


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou hoxe que o vindeiro ano a institución provincial sacará unha nova convocatoria de bolseiros para que personas con discapacidade poidan traballar en empresas da provincia.

O proceso será similar ao plan polo que a Deputación financia perante un ano o traballo de 500 xoves titulados en perto de 400 empresas da provincia. Pero, no caso da convocatoria para personas con discapacidade, no proceso anotaránse primeiro os titulados discapacitados e, despois, en base aos perfiles laboráis que xurdan, definiránse os tipos de empresas pois algún deles non poden traballar en determinado tipo de empresas.

Louzán destacou que a porcentaxe deste tipo de traballadores no plan <será importante> e engadeu tamén que, a marxe dese plan, a Deputación abrirá otra convocatoria no 2014 para outros 500 xoves titulados.

O vindeiro luns, día 30, as perto de 400 empresas que recibirán a 500 bolseiros perante un ano asinarán na Deputación os correspondentes convenios, ainda que algunhas delas _que non poden asistir o luns_ xa asinaron hoxe os acordos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario