URXENTE:O LITORAL DA CORUÑA E DE PONTEVEDRA ESTARÁN EN ALERTA LARANXA POR UN TEMPORAL DE VENTO DURANTE O LUNS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 30 de diciembre de 2013

URXENTE:O LITORAL DA CORUÑA E DE PONTEVEDRA ESTARÁN EN ALERTA LARANXA POR UN TEMPORAL DE VENTO DURANTE O LUNS


§      Os refachos, de forza 8, comezarán de madrugada no noroeste e o oeste da costa coruñesa, para estenderse ao resto da provincia e a Pontevedra a partires da tarde

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal de vento que afectará na xornada de mañá ao litoral das provincias da Coruña e de Pontevedra, polo que se activará alerta laranxa para estas zonas.

O temporal de mar iniciarase en torno ás 6,00 da madrugada no noroeste e o oeste da provincia da Coruña, con intervalos de ventos do suroeste forza 8 e mar combinada do oeste. Está previsto que xa no comezo da tarde o temporal se estenda ao suroeste da Coruña e ao litoral de Pontevedra, onde haberá mar combinada do oeste.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

No hay comentarios:

Publicar un comentario