Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 8 de junio de 2015

SAE A LICITACIÓN A DINAMIZACIÓN DA PLATAFORMA DE COMERCIO VIRTUAL “PONTEACOMPRAR” E A XESTIÓN E COORDINACIÓN DOS CENTROS CPAE DE LALÍN, PONTEAREAS, PORRIÑO, VIGO, CAMBADOS E PONTEVEDRA,




· Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe o anuncio das bases que rexerán o concurso para a contratación deste servizo.

· As empresas interesadas dipoñen de 15 días naturais, a partir de mañá para presentar as súas propostas.


A Deputación de Pontevedra saca a licitación a contratación mediante procedemento aberto da xestión e coordinación dos centros Provinciais de Asesoramento Empresarial 2.0 e dinamización dos centro de comercio virtual da provincia.

Segundo se establece no expediente de contratación aprobado na xunta de goberno do 29 de maio, a duración do contrato será de mínimo tres meses e cun orzamento de 200.000 euros.

Despois da publicación deste anuncio no BOPP, establécese un prazo de 15 días naturais, a contar dende o seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que as empresas interesadas presenten as súas propostas.

O obxecto desta contratación é continuar coa modernización da rede empresarial da provincia en especial a dos máis de 64.000autónomos e pemes. Dende a posta en marcha dos centros CPAE 2.0, máis de 2.500 empresas, 75 % pemes e o 25 % autónomos, requiriron o seu asesoramento.

Asimesmo a Deputación de Pontevedra da un paso máis na promoción e modernización tecido produtivo da provincia coa posta en marcha nas vindeiras semanas do centro de comercio virtual “Ponteacomprar”. Unha plataforma que permitirá comercializar en liña os produtos propios da provincia de Pontevedra; con especial atención a sectores estratéxicos coma alimentación, restauración, turismo, lecer, hostalería e cultura.

Das máis de 400 empresas que solicitaron adherirse á “Ponteacomprar”, 193 xa participarán nunha primeira fase da posta en marcha desta plataforma. Na actualidade, o centro de comercio electrónico xa conta con datos de 55 compañías, e máis de 7.900 fotografías de 1.900 productos e servizos

No hay comentarios:

Publicar un comentario