Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 11 de mayo de 2017

ETHEL VÁZQUEZ AVANZA QUE AS OBRAS DE MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NO ACCESO AO POLÍGONO DE SEQUEIROS, NO CONCELLO DE BARRO, CUN INVESTIMENTO DE MEDIO MILLÓN DE EUROS, ESTARÁN REMATADAS NO VERÁN





A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisou hoxe estes traballos na estrada PO-531, na que o Goberno galego investirá 2,5 millóns de euros nun conxunto de actuacións que reforzarán a súa seguridade



§  Vázquez Mourelle salienta que é unha actuación demandada polos veciños e importante para este municipio, xa que aumenta a seguridade nesta zona industrial que rexistra un tráfico duns 18.000 vehículos ao día
§  Os traballos centraranse na construción dunha glorieta no acceso principal ao parque industrial que posibilitará a realización de todos os movementos con maior seguridade e obrigará aos vehículos a reducir a velocidade neste punto
§  O proxecto tamén contempla a rehabilitación do firme nos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, a construción de beirarrúas e paradas de autobús e dous ramais para conectar o polígono e San Amaro
§  A conselleira indica que a Xunta tamén construirá unha rotonda na Devesa, na saída cara a Curro, para o que se está a traballar no proxecto, que se prevé ter redactado e supervisado no verán
§  Subliña que no verán comezarán os traballos de reforzo de firme nesta mesma estrada, cun investimento de 630.000 euros
§  Engade que de cara a protexer e incrementar a seguridade dos peóns e ciclistas, está prevista a construción de tres sendas na PO-531, cun orzamento de arredor 850.000 euros, unha destas entre Bretoña e o polígono de Sequeiros

Barro (Pontevedra), 10 de maio de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Barro, José Manuel Fernández, supervisou hoxe as obras de mellora da seguridade viaria iniciadas hai unhas semanas na estrada que comunica Pontevedra e Vilagarcía, a PO-531, no acceso ao polígono de Sequeiros, que estarán rematadas no verán.

Vázquez Mourelle salientou que esta actuación, na que o Goberno galego inviste medio millón de euros, incluídas as expropiacións, é moi demandada polos veciños, moi importante para este municipio, xa que supón reforzar a seguridade na zona de acceso ao polígono de Sequeiros, onde se rexistra un tráfico intenso, duns 18.000 vehículos ao día.

Os traballos centraranse na construción dunha glorieta no acceso principal ao parque industrial que ademais de posibilitar a realización de todos os movementos con maior seguridade, evitando os numerosos xiros que se producen actualmente desde o carril central, tamén obrigará aos vehículos a reducir a velocidade neste punto, o que axudará a calmar o tráfico e incidirá nunha menor accidentalidade.

O proxecto tamén contempla traballos complementarios como a rehabilitación do firme nos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros; a construción de beirarrúas na zona da glorieta; paradas de autobús, para que os buses non teñan que parar no carril de circulación; dous ramais de acceso para conectar o polígono e o núcleo de San Amaro; e a reposición e mellora do alumeado e da sinalización.

Melloras na estrada PO-531
Estas obras supervisadas hoxe forman parte dun conxunto de actuacións proxectadas polo Goberno galego para reforzar a seguridade nesta estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, que suporán un investimento de preto de 2,5 millóns de euros.

A titular de Infraestruturas avanzou que tal e como se ten acordado co Concello de Barro e cos veciños, a segunda mellora a acometer nesta vía consistirá na construción dunha rotonda na Devesa, na saída cara a Curro, á que se destinarán preto de medio millón de euros. Nestes momentos, o Goberno galego está a traballar no proxecto, que se prevé ter redactado e supervisado no verán para sometelo a información pública de modo inmediato.

A aposta do Executivo autonómico por dotar aos veciños de Barro de infraestruturas máis seguras pasa, ademais, por levar a cabo traballos de reforzo de firme como os que se van iniciar no verán nesta mesma estrada, cun investimento de 630.000 euros.
Ethel Vázquez tamén engadiu que de cara a protexer e incrementar a seguridade dos usuarios máis vulnerables das estradas, peóns e ciclistas, a medio prazo está prevista a construción de tres sendas na PO-531, cun orzamento de arredor 850.000 euros. Unha destas executarase en Barro, posto que comunicará a zona de Bretoña co polígono de Sequeiros.

A Axencia Galega de Infraestruturas xa finalizou o estudo que priorizou 13 itinerarios peonís e ciclistas en estradas autonómicas no marco do Plan de Sendas da comarca de Pontevedra. Nas vindeiras semanas licitarase o contrato para a redacción dos proxectos construtivos, polo que a comezos de 2018 se contará cos primeiros proxectos redactados para poder licitar as obras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario