Os técnicos sinalan tamén a
urxencia para aplicar produtos contra o Oídio nas maceiras, as bacterioses do
Kiwi e os escaravellos e pulgas das patacas
A
Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de
Pontevedra, vén de advertir no seu último aviso fitosanitario da necesidade de
renovar os tratamentos contra o Mildeu tan pronto como pare o tempo inestable
que se está a rexistrar. Segundo aseguran os técnicos, o nivel de risco para
esta enfermidade é elevado dadas as condicións climáticas e o estado de
densenvolvemento da vide, polo que non se debe descoidar a protección aínda que
teoricamente as plantas estean protexidas. Ademais, lembran, as precipitacións
rexistradas, por riba dos 50 litros metro cadrado en conxunto, reduciron o
período de cobertura dos produtos.
Areeiro
ten detectado que, desde a emisión do aviso anterior, as temperaturas nocturnas
foron suaves e estiveron acompañadas de elevada humidade, situación que
produciu condicións favorables á infección secundaria practicamente todos os
días. As diferentes axencias meteorolóxicas anuncian a permanencia da situación
climática inestable actual ata o domingo 14, e a partir de aí sol e altas
temperaturas en xeral, polo que o estado sensible das viñas (entrando en
floración ou en floración plena) dará lugar á aparición de novos síntomas de
Mildeu previsiblemente a partir dos próximos días 16 ou 17.
En canto
ao Oídio nas viñas, as precipitacións teñen lavado e arrastrado os conidios
deste fungo ectoparásito, o que reduce o nivel de risco, polo que renovar o
tratamento fronte a esta patoloxía non é tan urxente. En calquera caso, é
preciso manter a vixilancia, ao igual que ocorre cos síntomas da botrite, o
black rot e as couzas do acio.
Maceiras, kiwi e pataca
Os técnicos da EFA sinalan, en canto ás maceiras, que nestes días deberían aparecer os primeiros síntomas de moteado nas plantas onde non fora detectado e novos síntomas onde si tiñan aparecido, motivo polo que é necesario extremar a vixilancia e aplicar un tratamento en canto a climatoloxía o permita, ao igual que ocorre cos pulgóns. Por outra banda, é interesante a instalación e seguimento das trampas de feromona para couzas da mazá en cada plantación, xa que só desta forma se poderá coñecer o momento idóneo para aplicar os tratamentos.
Os técnicos da EFA sinalan, en canto ás maceiras, que nestes días deberían aparecer os primeiros síntomas de moteado nas plantas onde non fora detectado e novos síntomas onde si tiñan aparecido, motivo polo que é necesario extremar a vixilancia e aplicar un tratamento en canto a climatoloxía o permita, ao igual que ocorre cos pulgóns. Por outra banda, é interesante a instalación e seguimento das trampas de feromona para couzas da mazá en cada plantación, xa que só desta forma se poderá coñecer o momento idóneo para aplicar os tratamentos.
As
plantas de kiwi, pola súa banda, deixan ver nestes momentos botóns florais e,
neste estado, é fundamental aplicar un tratamento fronte ás bacterioses tan
pronto cesen as choivas para reducir posibles danos, sobre todo naquelas
plantacións onde xa haxa síntomas. Este tratamento é aínda máis necesario tendo
en conta estas precipitacións. Os funxicidas destinados ao control desta
enfermidade son cúpricos e os técnicos lembran que hai que tratar non só as
plantas femia senón tamén as macho, xa que das súas flores depende a calidade
da polinización.
En canto
á pataca, unha vez que cesen as
choivas é de esperar a aparición de síntomas do Mildeu, sobre todo considerando
que se prevén altas temperaturas que farán evaporar a humidade do solo.
Ademais, nas plantas máis desenvolvidas obsérvanse postas e adultos de
escaravello, así como síntomas da súa alimentación, polo que é recomendable
realizar un tratamento fronte a esta praga despois das precipitacións.
Finalmente, tamén se empezan a observar os primeiros síntomas da pulguiña –pequenos
furados redondeados nas follas- e, aínda que as poboacións detectadas de
momento son baixas, os técnicos sinalan que os tratamentos contra escaravello controlan
normalmente a esta especie.
Por
outra parte, continúan a observarse colonias de pulgón noutras plantas diversas,
e xa empezan a ser notorios os enrolados das follas que causan. Coa subida das
temperaturas que se prevé, “sen dúbida se incrementarán as súas poboacións,
polo que hai que incrementar a vixilancia e, polo menos nas plantas
ornamentais, tratar antes de que os enrolamentos vaian a máis”, explica a
técnico Rosa Pérez Otero.
Nota: Os medios que precisen máis información ou imaxes
dos patóxenos poden utilizar, citando a súa procedencia, os documentos e
gráficos existentes na páxina web da EFA (http://www.efa-dip.org/es/servicios/Info_Fitosanitaria/Avisos/ultimo.HTM). As radios e tv
poden contactar coa técnica Rosa Pérez Otero para tomar audios e vídeos do
presente aviso fitopatolóxico.
Pontevedra,
12 de maio de 2017
Saúdos
Gabinete
de prensa
No hay comentarios:
Publicar un comentario