§ As axudas a fondo
perdido que ofrece o Goberno galego serán de 4.000 cando sexan edificios
de vivendas e de ata 5.500 ao tratarse de vivendas unifamiliares
§
O Diario oficial de Galicia publica hoxe a orde
destas axudas pionerias, coas que se pretende axudar aos propietarios de inmobles desocupados a dotalos das condicións
de habitabilidade necesarias para destinalos a alugueiro social
§
Poderán
optar a estas axudas os propietarios de inmobles desocupados situados en algún
dos 44 concellos adheridos ao Programa de Vivendas Baleiras
A
Xunta convoca as axudas do Plan Rehaluga
para a rehabilitación de vivendas que se destinen a alugueiro social. Os
propietarios de inmobles incluídos no Programa de Vivendas Baleiras creado pola
Xunta poderán beneficiarse de axudas para a realización de obras de
conservación, mantemento e rehabilitación das mesmas.
O importe máximo das
axudas a fondo perdido que ofrece o Goberno galego serán de 4.000 cando
sexan edificios de vivendas e de ata 5.500 ao tratarse de vivendas
unifamiliares, tal como establece a Orde que hoxe
publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) e que regula as bases polas que se
rexen estas axudas e a convocatoria para 2017. O obxectivo po Plan Rehaluga é
axudar aos propietarios de inmobles desocupados para dotalos das condicións de
habitabilidade necesarias para destinalos a alugueiro social. Para
obter máis información pódese consultar o seguinte
enlace: https://goo.gl/H7PcOh.
Coa
posta en marcha do plan Rehaluga
poderán beneficiarse destas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, que sexan
propietarias ou usufrutuarias das vivendas e que promovan as actuacións
subvencionables.
As
actuacións deberán realizarse despois da data de solicitude de inscrición no
mesmo e antes de solicitar a subvención, sendo necesario un informe municipal
que acredite a necesidade das obras para as que se pide a subvención.
Serán subvencionables actuacións de
conservación e mantemento; e obras de rehabilitación necesarias para garantir a
habitabilidade da vivenda, así como para o correcto funcionamento das súas
instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente.
Como exemplo de actuacións subvencionables
están accións como o arranxo de baños, o pintado de paredes, o cambio de portas,
a reforma da carpintería, a mellora de instalacións ou a renovación de ventás.
Ao tratarse dunhas axudas vinculadas ao Programa de Vivendas Baleiras, poderá solicitarse naqueles concellos que xa están adheridos ao mesmo e sempre que existan demandantes de vivenda inscritos no rexistro municipal ao abeiro deste programa.
En 2017, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará 300.000 euros
a estas axudas, dos que 200.000 estarán destinados a vivendas propiedade de
particulares, 50.000 euros as de propiedade de concellos e os outros 50.000
euros a vivendas propiedade de empresas. O importe da convocatoria poderá
ampliarse no caso de ser necesario.
Como se indica na Orde, poderán optar a estas
axudas os propietarios de inmobles desocupados situados en algún dos 44
concellos adheridos ao Programa de Vivendas Baleiras.
SAÚDOS, GABINETE
DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS
E VIVENDA
No hay comentarios:
Publicar un comentario