A
conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da
Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisou hoxe estes traballos
na estrada PO-531, na que o Goberno galego investirá 2,5 millóns de euros nun
conxunto de actuacións que reforzarán a súa seguridade
§ Vázquez
Mourelle salienta que é unha actuación demandada polos veciños e importante
para este municipio, xa que aumenta a seguridade nesta zona industrial que
rexistra un tráfico duns 18.000 vehículos ao día
§ Os
traballos centraranse na construción dunha glorieta no acceso principal ao
parque industrial que posibilitará a realización de todos os movementos con
maior seguridade e obrigará aos vehículos a reducir a velocidade neste punto
§ O
proxecto tamén contempla a rehabilitación do firme nos accesos ao polígono e ao
núcleo de Sequeiros, a construción de beirarrúas e paradas de autobús e dous
ramais para conectar o polígono e San Amaro
§ A
conselleira indica que a Xunta tamén construirá unha rotonda na Devesa, na
saída cara a Curro, para o que se está a traballar no proxecto, que se prevé
ter redactado e supervisado no verán
§ Subliña
que no verán comezarán os traballos de reforzo de firme nesta mesma estrada, cun
investimento de 630.000 euros
§ Engade
que de cara a protexer e incrementar a seguridade dos peóns e ciclistas, está
prevista a construción de tres sendas na PO-531, cun orzamento de arredor
850.000 euros, unha destas entre Bretoña e o polígono de Sequeiros
Barro
(Pontevedra), 10 de maio de 2017.- A conselleira de
Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da
Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Barro, José
Manuel Fernández, supervisou hoxe as obras de mellora da seguridade viaria iniciadas
hai unhas semanas na estrada que comunica Pontevedra e Vilagarcía, a PO-531, no
acceso ao polígono de Sequeiros, que estarán rematadas no verán.
Vázquez Mourelle salientou que esta actuación,
na que o Goberno galego inviste medio millón de euros, incluídas as
expropiacións, é moi demandada polos veciños, moi importante para este
municipio, xa que supón reforzar a seguridade na zona de acceso ao polígono de
Sequeiros, onde se rexistra un tráfico intenso, duns 18.000 vehículos ao día.
Os traballos centraranse na construción dunha
glorieta no acceso principal ao parque industrial que ademais de posibilitar a
realización de todos os movementos con maior seguridade, evitando os numerosos
xiros que se producen actualmente desde o carril central, tamén obrigará aos
vehículos a reducir a velocidade neste punto, o que axudará a calmar o tráfico
e incidirá nunha menor accidentalidade.
O proxecto tamén contempla traballos
complementarios como a rehabilitación do firme nos accesos ao polígono e ao
núcleo de Sequeiros; a construción de beirarrúas na zona da glorieta; paradas
de autobús, para que os buses non teñan que parar no carril de circulación; dous
ramais de acceso para conectar o polígono e o núcleo de San Amaro; e a
reposición e mellora do alumeado e da sinalización.
Melloras
na estrada PO-531
Estas obras supervisadas hoxe forman parte dun
conxunto de actuacións proxectadas polo Goberno galego para reforzar a
seguridade nesta estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, que suporán un
investimento de preto de 2,5 millóns de euros.
A titular de Infraestruturas avanzou que tal e
como se ten acordado co Concello de Barro e cos veciños, a segunda mellora a
acometer nesta vía consistirá na construción dunha rotonda na Devesa, na saída
cara a Curro, á que se destinarán preto de medio millón de euros. Nestes
momentos, o Goberno galego está a traballar no proxecto, que se prevé ter
redactado e supervisado no verán para sometelo a información pública de modo
inmediato.
A aposta do Executivo autonómico por dotar aos
veciños de Barro de infraestruturas máis seguras pasa, ademais, por levar a
cabo traballos de reforzo de firme como os que se van iniciar no verán nesta
mesma estrada, cun investimento de 630.000 euros.
Ethel Vázquez tamén engadiu que de cara a
protexer e incrementar a seguridade dos usuarios máis vulnerables das estradas,
peóns e ciclistas, a medio prazo está prevista a construción de tres sendas na
PO-531, cun orzamento de arredor 850.000 euros. Unha destas executarase en
Barro, posto que comunicará a zona de Bretoña co polígono de Sequeiros.
A Axencia Galega de Infraestruturas xa
finalizou o estudo que priorizou 13 itinerarios peonís e ciclistas en estradas
autonómicas no marco do Plan de Sendas da comarca de Pontevedra. Nas vindeiras
semanas licitarase o contrato para a redacción dos proxectos construtivos, polo
que a comezos de 2018 se contará cos primeiros proxectos redactados para poder
licitar as obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario