AO LONGO DESTE MES CONCEDERÁNSE AS PRIMEIRAS AXUDAS DO PROGRAMA MARCO INCLUÍDO NO PACTO AMBIENTAL CON ENCE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 8 de mayo de 2017

AO LONGO DESTE MES CONCEDERÁNSE AS PRIMEIRAS AXUDAS DO PROGRAMA MARCO INCLUÍDO NO PACTO AMBIENTAL CON ENCE




§         Esta mañá reuniuse a Comisión de Seguimento para analizar as máis de 340 candidaturas presentadas ao “Programa Marco” de responsabilidade social e corporativa, ao que se destinan ata 3 millóns de euros en 2017
§         Grazas a esta iniciativa se financiarán accións baseadas na sustentabilidade, a eficiencia enerxética, a calidade ambiental, a igualdade de oportunidades, a formación para o emprego, o deporte, a investigación ou as relacións de comunidade radicadas na contorna de Ence

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costas, participou esta mañá na reunión da Comisión de Seguimento do Pacto Ambiental para unha valoración e analise das máis de 340 candidaturas presentadas ás primeiras axudas que recolle a primeira convocatoria do “Programa Marco”.

Tal e como indicou a directora xeral, a previsión é que ao longo deste mes de maio se concedan e comunicarán aos beneficiarios as axudas da convocatoria de 2017, á que se destina un importe de ata 3 millóns de euros. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a xerente de Capital Humano de Ence- Pontevedra, Patricia Vázquez, e o director de Administración de ence- Pontevedra, Ángel Cee, tamén particparon nesta reunión, na que se valoraron as candidatuas presentadas.

Grazas á posta en marcha deste programa financiaranse accións baseadas en valores como a sustentabilidade, a eficiencia enerxética, a calidade ambiental, a igualdade de oportunidades, a formación para o emprego, o deporte, a investigación ou as relacións de comunidade radicadas na contorna de Ence.

Pacto Ambiental
O Pacto ambiental asinado entre a Xunta e ENCE en xuño do pasado ano, compromete un investimento próximo aos 200 millóns de euros distribuídos entre a implementación de melloras ambientais e de integración paisaxística na súa instalación de Lourizán, a creación de emprego, a posta en marcha de proxectos de investigación e desenvolvemento, a instalación de centros de bioenerxía, a mellora do seu centro de coxeneración de biomasa, entre outros.

Por outra banda, o convenio asinado un mes despois, concretamente o 28 de xullo de 2016, desenvolve as aportacións comprometidas por ENCE para a ampliación e mellora da estación depuradora de augas residuais urbanas (EDAR) dos Praceres, a dotación dun novo centro de investigación enfocado á creación de emprego especializado e a explotación sostible dos recursos forestais, e o “Programa Marco”, destinado a materializar a política de responsabilidade social corporativa da empresa. Este programa será coordinado pola Comisión de Seguimento do Pacto Ambiental.

No hay comentarios:

Publicar un comentario