O Pleno aprobou onte a correspondente modificación de crédito
·
A achega
complementará os fondos que achega a UE para este fin
·
Realizaranse
sobre todo obras de mellora de viais e pistas municipais
A Deputación de Pontevedra investirá preto de 600.000 euros no Plan
Estratéxico de Mellora de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) que executa a
Xunta de Galicia e que vai permitir un investimento próximo aos 5 millóns de
euros nos 62 concellos da provincia.
A achega da Deputación vén a completar o financiamento da Unión Europea,
que é a administración que achega a contía restante, ata completar os citados 5
millóns de euros.
Os 600.000 euros que achegará a Deputación proceden de remanente de
tesourería e incorpóranse por medio dunha modificación de crédito que foi
aprobada esta mañá no pleno da Deputación.
Este investimento permitirá que se leven a cabo numerosas obras de mellora
en camiños e pistas municipais -que serán as que concentren o groso do
investimento-, así como noutros servizos como poden ser as redes de saneamento
e abastecemento de auga.
Os traballos centraranse en zonas rurais, polo que beneficiarán de forma
especial a comarcas como Deza e Tabeirós-Terra de Montes; O Condado; A
Paradanta, Salnés, Morrazo ou Baixo Miño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario