·
Louzán
di que, nunha conxuntura na que caeron os patrocinios, non se trata de facer
galas “para maior gloria dos políticos” senón de axudar a quén de verdade o
necesita
·
Con
eses fins, habilitará unha nova partida de 150.000 €
·
A
Deputación xa achega 2,4 millóns para financiar a actividade de todos os clubs
federados da provincia
A
Deputación de Pontevedra decidiu hoxe, na súa Xunta de Goberno, suprimir a
celebración da Gala do Deporte provincial e destinar os seus fondos,
complementados con outros, a apoiar a deportistas individuais mediante becas e
a clubs en situacións excepcionais.
O
presidente da Deputación, Rafael Louzán, xustificou a medida adoptada en que
“xeneralizouse a celebración deste tipo de galas, a nivel municipal e
autonómico, así que, nunha conxuntura como a actual o mellor é apoiar a quén de
verdade necesita axudas que son os deportistas individuais e os clubs”.
Louzán
afirmou que “non queremos unha Gala Provincial do Deporte a maior gloria dos
políticos senón que queremos apoiar e axudar a quén, de verdade, o necesita”.
Segundo
explicou, moitos destacados deportistas individuais da provincia teñen
dificultades de desprazamentos, prácticas, etc. nunha situación en que as
empresas patrocinadoras restrinxiron as súas axudas e colaboracións.
Ante
esta situación, o goberno provincial decidiu destinar 100.000 € para becas a
deportistas individuais e 50.000 € a clubs para situacións e casos
excepcionais. No prazo dunha semana, a Deputación elaborará as bases para optar
a estas axudas, segundo informou hoxe á comisión de Deportes constituída por
membros de todos os grupos políticos e xornalistas que formaban parte do xurado
da Gala do Deporte.
Na
súa comparecencia, Louzán informou que esta nova iniciativa da Deputación no
eido deportivo viña a sumarse aos 2 millóns de euros que xa destina ao apoio da
actividade de todos os clubs federados da provincia _con axudas baremadas que
oscilan entre os 600 e os 45.000 euros_ máis outros 400.000 € para clubs
federados que non teñen asignación precisa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario