Así mesmo,
retirou 64 vehículos abandonados dos montes e cunetas da provincia
· A
cantidade recollida incrementouse en case un 70% en só tres anos
35.096 litros.
Esa é a cantidade de aceites usados que a Deputación de Pontevedra recolleu en
16 concellos da provincia no marco do plan de recollida e tratamento de aceites
domésticos que ten en marcha desde 2009. Trátase dunha cifra que non para de
medrar e que nos últimos tres anos se incrementou en preto do 70%, pasando dos
20.920 litros enviados á en 2010 aos máis de 35.000 de 2013.
Así mesmo, e
no marco das políticas da Deputación de Pontevedra de redución da contaminación
ambiental, apoio aos concellos e aposta por unha mellor e máis eficiente
xestión dos residuos, tamén se retiraron en 2013 un total de 64 vehículos que
permanecían abandonados en diferentes municipios.
Recollida por localidades
No que
respecta ao aceite usado, Pontevedra foi o concello no que máis aceite se
recolleu, cun total de 10.228 litros,
seguido de A Illa de Arousa, con 4.497 litros; A Estrada, con 3.278 e Poio, con
3.187.
En O Grove
recolléronse 2.816 litros; en A Guarda 2.145; en Silleda 1.925; en Cuntis,
1.617; en Meis 1.155 e en Ponte Caldelas 1.008 litros.
Por debaixo
dos mil litros situáronse Moraña, con 745; Valga, con 635; Catoira, 512; Vila
de Cruces 438 e Cerdedo con 290.
En todos
estes concellos, a Deputación de Pontevedra ten instalados diversos contedores
nos que os veciños e veciñas poden depositar o aceite que usan nas cociñas.
Poden facelo, ademais, dunha forma áxil e cómoda, cun sistema que se incluíu de
modo pioneiro neste proxecto da Deputación e que agora está estendido a case
todas as localidades que realizan unha recollida de aceite para a súa
reciclaxe.
Este modelo
permite que nos contedores de recollida se deposite o aceite directamente en
botellas de plástico, sen necesidade de baleirar o contido. Isto evita que se
produzan derrames e as consecuentes manchas de aceite e problemas de
contaminación localizada que provocaba o vello sistema de bidóns para baleirar
nos contedores situados na rúa.
O sistema de
tratamento permite que se trituren conxuntamente as botellas de plástico co
aceite que conteñen e que, posteriormente, se separen pola súa diferente
densidade.
5 millóns de litros de aceite
Cómpre
lembrara que na provincia de Pontevedra se xeran anualmente uns 5 millóns de
litros de aceites usados que, na maioría dos casos, van directamente polo
fregadeiro. A súa posta en valor permitiría un notable aforro polo beneficio
que se extrae da súa conversión en biodiésel e outros produtos (xabón,
deterxente…); así como polos aforros no mantemento e funcionamento das
depuradoras e das redes de saneamento (que poden sufrir atascos e danos pola
acumulación de graxas); ademais de evitar serios danos ambientais, xa que un só
litro de aceite abonda para contaminar 1.000 litros de auga.
Vehículos abandonados
En canto aos
vehículos abandonados, a Deputación de Pontevedra retirou en 2013 un total de
64 coches de diferentes puntos da provincia, no marco dun servizo que a
Administración provincial ten en marcha para solucionar un problema que non só
afecta á estética das vilas e cidades da provincia, senón que supón un serio
risco para o medio ambiente.
A posta en
marcha desta iniciativa, que se iniciou en 2011 a modo de proxecto piloto, tivo
unha moi boa acollida polos concellos da provincia, que en moitos casos
carecían de medios materiais e económicos para prestar o servizo de forma
individual e que se adheriron maioritariamente ao plan da Deputación.
O plan, que
se desenvolve por medio dun convenio de colaboración entre a Deputación e unha
empresa autorizada para a xestión dos vehículos en desuso, non supón custe
algún para os concellos e permite a retirada dos vehículos, a súa desmontaxe
para a reciclaxe de pezas e venta do material aproveitable, e a posterior destrución
e descontaminación.
O concello no
que máis vehículos se retiraron en 2013 foi Marín, con 21 automóbiles (o 33% do
total). En Gondomar retiráronse 14 vehículos, 7 Mos, outros tantos en Nigrán, 5 Sanxenxo, 4 en Vilanova de
Arousa, 2 en A Illa de Arousa, 2 en Salceda de Caselas, 1 Pontecesures e outro
en Moaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario