§        
As obras consistirán na reparación do firme, con solucións adaptadas ás
necesidades de cada punto e na reposición de marcas viais
§        
As tres actuacións implicarán o fresado de firme de case 450.000 m2
e a aplicación de máis de 12.000 toneladas de mesturas bituminosas
§        
Estes proxectos supoñen un bo exemplo da prioridade estratéxica da
Xunta en materia de conservación e de mellora das infraestruturas, que incide
na mellora da seguridade vial
A Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas licita a través do Diario Oficial de Galicia tres
contratos para a mellora e rehabilitación de firme nos treitos deteriorados de 11
estradas da provincia de Pontevedra ao seu paso por 19 concellos. O importe dos
mesmos elévase a máis de 1,5 millóns de euros e beneficiarán a máis de 350.000
veciños.
Coas actuacións de rehabilitación estrutural e
superficial previstas prolongarase a vida útil do firme das estradas
analizadas, que suman 106 quilómetros.
As obras consistirán ben na reparación do
firme existente, a través do fresado e reposición da capa de rodadura de
treitos localizados, ou ben na extensión de microaglomerados para o selado de grietas
ou coa finalidade de mellorar as características superficiais do firme, nos
treitos nos que resulte necesario. Estas actuacións complementaranse coa reposición
de marcas viarias e de elementos de balizamento. Tamén, de ser necesario,
levarase a cabo a limpeza e reperfilado das cunetas existentes. 
Unha vez revisadas as estradas obxecto das
obras en toda a súa lonxitude, nos proxectos recóllense actuacións localizadas
nos seguintes treitos:
Licitación 
 | 
  
Estrada  
 | 
  
Tramo 
 | 
  
lonxitude 
 | 
  
concellos 
 | 
  
Poboación beneficiada  
 | 
  
Orz Licitación 
 | 
 
RF localizado nas
  estradas PO-305 e PO-531 
 | 
  
PO-305 
 | 
  
0+000-0+500//
  4+000-5+940 
 | 
  
2,44 km 
 | 
  
Vilagarcía de
  Arousa, Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, Meis, Poio e Pontevedra e Barro 
 | 
  
153.970 
 | 
  
599.996,44 
 | 
 
PO-531 
 | 
  
0+500-16+000 
 | 
  
15,5 km 
 | 
 ||||
VG-4.8 
 | 
  
0+050- 2+130 
 | 
  
2,08 km 
 | 
 ||||
RF localizado nas
  estradas PO-224, PO-534, PO-902 e PO-960 
 | 
  
PO-224 
 | 
  
0+000-5+300//
  6+200- 8+000 
 | 
  
7,5 km 
 | 
  
Vila de Cruces,
  Lalín, Silleda, Forcarei e Pontevedra. 
 | 
  
121.773 
 | 
  
499.742,63 
 | 
 
PO-534 
 | 
  
1+000-3+000//
  6+000-11+800// 13+800-14+200// 29+000-30+000 
 | 
  
9,2 km 
 | 
 ||||
PO-902 
 | 
  
4+500-6+000 
 | 
  
1,5 km 
 | 
 ||||
PO-960 
 | 
  
17+000-22+000 
 | 
  
5 km 
 | 
 ||||
RF localizado nas
  estradas PO-244, PO-254, PO-400 e PO-404 
 | 
  
PO-244 
 | 
  
2+280- 11+490 
 | 
  
9,2 km 
 | 
  
Tui, Salvaterra de
  Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Mondariz, Ponteareas, Soutomaior e Ponte
  Caldelas 
 | 
  
77.212 
 | 
  
499.628,78 
 | 
 
PO-254 
 | 
  
0+000- 9+000 
 | 
  
9 km 
 | 
 ||||
PO-400 
 | 
  
0+880- 37+330 
 | 
  
36,4 km 
 | 
 ||||
PO-404 
 | 
  
2+710- 10+980 
 | 
  
8,2 km 
 | 
 
Estas tres actuacións implicarán o fresado de
firme de case 450.000 m2 e a aplicación de mestura bituminosa quente
ou formigón bituminoso de máis de 12.000 toneladas. Tamén se levará a cabo a
reposición das marcas viais e da sinalización vertical. O prazo de execución
que se recolle no prego de contratación é de 6 meses para cada proxecto.
As empresas interesadas en presentar as súas ofertas
aos tres contratos de obra pública que hoxe se licitan dispoñen ata o 2 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario