§
O delegado territorial
da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que o primeiro pago deste 2014 comezarase a abonar
durante o mes de abril
§
As transferencias de financiamento
poderán incrementarse nun 6,1% con relación ao ano 2013 de chegarse a prestar
efectivamente todas as horas asignadas, chegando ata o 7% de no caso de
Pontevedra
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores
Tourís, anunciou que ao longo do vindeiro mes de abril a Consellería de Traballo e Benestar
abonará o primeiro pago do servizo de axuda no fogar para persoas en situación
de dependencia.
Neste 2014,
a previsión do departamento autonómico é que os concellos da provincia de
Pontevedra reciban máis de 7,6 millóns de euros para facer fronte a esta
prestación. O investimento en toda a comunidade superará os 37,7 millóns de
euros. As transferencias de financiamento poderán incrementarse en nun 6,1% con
relación ao ano 2013 de chegarse a prestar efectivamente todas as horas
asignadas, chegando ata o 7% de no caso da provincia.
Do total de persoas beneficiarias deste servizo en
Galicia, arredor de 1.750 pertencen aos municipios pontevedreses, que recibirán
máis de 900.000 horas de atención subvencionada –en torno a 4 millóns nas catro
provincias-. Trátase dunha estimación realizada pola consellería partindo dos
datos de peche do 2013, pois ao longo do exercicio os concellos deciden,
segundo unha lista priorizada por graos de dependencia, como asignan as horas
que lles foron adxudicadas desde o Goberno galego.
Tal e como explicou Cores
Tourís, o programa de asignación de recursos da Xunta “outorga aos servizos
sociais municipais autonomía para xestionar as altas e baixas da lista de
dependentes do seu concello, que poden realizar coa máxima axilidade”. As
transferencias económicas desde a Administración autonómica realízanse
trimestralmente, mentres que antes eran tramitadas anualmente.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou o
labor dos departamentos de servizos sociais municipais e dos traballadores e
traballadoras sociais de cada concello da provincia, pois “son o punto de
referencia dos usuarios, os profesionais que reciben e fan seguimento dos casos
e que están sempre en contacto cos beneficiarios e facilitando a xestión dos
procedementos, especialmente no ámbito da dependencia”.
O delegado territorial incidiu na necesidade de continuar
a seguir estreitando a coordinación entre a administración autonómica e a local
para mellorar no eido da atención as persoas que máis o necesitan, “algo que se
ven facendo principalmente a través dunha aplicación informática que permite á
Xunta e aos concellos estar permanentemente conectados e que, desde a súa posta
en marcha, se veu traducindo en notables avances na calidade do servizo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario