Cores Tourís destaca os máis de 770.00 euros que Traballo e Benestar destinou a actividades de servizos comunitarios e inclusión social na provincia de Pontevedra - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 26 de marzo de 2014

Cores Tourís destaca os máis de 770.00 euros que Traballo e Benestar destinou a actividades de servizos comunitarios e inclusión social na provincia de Pontevedra

  • O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que estas axudas foron destinadas ao albergue de San Javier de Cáritas de Pontevedra, aos centros de acollida de Mondariz e A Guarda, os comedores sociais de Marín e Vilagarcía, así como a Fundación Amigos de Galicia, Rexurdir, Down Pontevedra, Lar, Voluntarias da Caridade de Marín e a Asociación Española contra o Cancro


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou os máis de 770.000 euros que a Consellería de Traballo e Benestar destinou a actividades de servizos comunitarios e inclusión social na provincia de Pontevedra e que publicou recentemente no Diario Oficial de Galicia.
Tal e como explicou Cores Tourís, o importe das axudas corresponde a orde do 28 de maio de 2013 e teñen por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que levan a cabo programas e prestan servizos sociais na área de actuacións dos servizos sociais comunitarios, inclusión social e, especificamente, en favor da inclusión social da poboación inmigrante.
“Estas actuacións”, matizou o delegado territorial, “comprenden a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e o desenvolvemento de programas de servizos sociais”.
Estas axudas supuxeron un investimento provincial de 770,183,42 euros corresponden á provincia de Pontevedra.
No eido da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, destacan os 170.280 euros outorgados ao funcionamento de centros e que corresponderon ao albergue de San Javier de Cáritas Interparroquial de Pontevedra, aos centros de acollida de Mondariz e A Guarda, e aos comedores sociais de Marín e Vilagarcía de Arousa.
Ademais, tamén se destinaron 73.021 euros tanto á Fundación Amigos de Galicia como a Asociación Rexurdir con motivo da posta en marcha de promoción de actuacións en favor da poboación emigrante. A Fundación Amigos de Galicia, a Asociación Española contra o cancro Pontevedra e as Voluntarias da Caridade Marín recibiron un total de 39.650 euros para a promoción de proxectos básicos ou complementario dos servicios sociais comunitarios. E, finalmente, Down Pontevedra Xuntos, Asociación Rexurdir e Lar pro saúde mental obtiveron 62.760,5 euros para a promoción de actuacións que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de inclusión social.
A orde onde se recollen estas axudas permite regular os tipos de subvencións dirixidos á cobertura das necesidades básicas como o aloxamento e manutención, entre outras, e que “constitúen, en moitos casos, o primeiro nivel de atención que brinda ás persoas usuarias beneficiadas o acceso ao resto dos recursos dispoñibles”, especificou o delegado territorial. “Estas axudas permiten unificar a natureza das actividades, de cara a que se facilite unha máis efectiva coordinación entre os dispositivos existentes”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario