- Participarán máis de 300 alumnos do IES de Barro e do CEIP Amor Ruibal.
 - As clases estarán impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis dirixido polo mestre Breogán Pérez.
 - Esta actividade programada en Barro pola AC Fervenza da Barosa e BTroula forma parte da divulgación do baile deportivo
 
Durante
 a vindeira semana, do luns 31de marzo ao venres 4 de abril, máis de 300
 alumnos dos colexios de primaria e secundaria de Barro, terán a 
oportunidade de disfrutar de clases gratuitas de baile de salón e baile 
deportivo impartidas polos profesores do clube BTROULA de Meis, e 
dirixidas polo director desta asociación Breogán Pérez.
As materias que se tratarán e o método das clases variarán en función da idade dos participantes ( dende os 3 anos aos 17). 
Esta
 actividade inclúese dentro do programa de divulgación do baile 
deportivo que BTroula e Fervenza da Barosa acordaron e que culminará coa
 celebración do" I TROFEO VAL DO SALNÉS" que se celebrará o día 4 de 
maio, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a 
Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro.
Cabe sinalar que o derradeiro ano, o "I Trofeo AC Fervenza da Barosa" de baile deportivo, congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario