Editarase
tamén unha Guía do Contribuínte que se
distribuirá en todas as oficinas do ORAL
A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha, a través do seu
departamento de xestión tributaria-ORAL, un servizo de información sobre
embargos, que permitirá aos contribuíntes obter información sobre os
procedementos que lle afecten a través de internet, e unha guía do contribuínte
que estará á disposición dos usuarios nas oficinas do ORAL.
Ademais, este departamento ten xa en funcionamento un servizo de avisos por
mail e SMS no que se pode inscribir calquera contribuínte e que lle permite
obter puntualmente información sobre asuntos de interese en materia tributaria,
como prazos de pagamento, devolución de recibos domiciliados…
No que se refire ao webservice de embargos, obedece á necesidade de
garantir unha maior e máis inmediata fluidez da información entre o
departamento de xestión tributaria e o contribuínte, dado que cando un
contribuínte ten coñecemento de que ten un embargo, o primeiro que quere saber
é a que obedece.
Ata agora, a solución era desprazarse á oficina do ORAL, pero o novo
webservice permitiralle ao contribuínte obter esa información sen moverse da
casa, a través dun servizo en internet.
Co seu NIF e a cantidade total do embargo ou a referencia do mesmo, o
contribuínte accederá aos datos que lle interesan para poder actuar en
consecuencia.
Guía do contribuínte
En canto á guía do contribuínte, recolle os distintos servizos do ORAL, o
calendario fiscal, o funcionamento da Oficina Virtual, impresos para solicitar
a domiciliación bancaria dos recibos ou para adherirse ao servizo de avisos a
través de SMS; así como información de horarios, oficinas ou atención ao
contribuínte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario