·
Os resultados
serán publicados na páxina web da institución e os pais dos nenos admitidos
recibirán unha mensaxe de texto (sms) no seu teléfono que facilitaron na
solicitude
·
Estableceuse unha
lista de espera para cubrir aquelas as vacantes que queden por non realizar o
pagamento nos prazos establecidos ou rexeitar
a praza asignada.
Onte á mañá realizouse no edificio Administrativo da
Deputación de Pontevedra o sorteo das prazas para os campamentos de verán de A
Lanzada e Príncipe Felipe.
Seguindo as normas establecidas nas bases da convocatoria, o
reparto das prazas realizouse mediante un complexo sistema informático cuxos
resultados se publicarán hoxe na páxina web da Deputación. Asimesmo, os datos desa resolución, a admisión no campamento de destino e quenda
asignada tamén será comunicada mediante un SMS aos pais dos nenos e nenas
solicitantes. Os proxenitores recibirán unha mensaxe de texto dando conta
do resultado que lles compete ao número
de teléfono que facilitaron na solicitude.
Asimismo nesa mensaxe de texto tamén recibirán un código co
que terán que realizar o pago da praza no tempo establecido. Este abono poderase facer vía telemática,
introducindo o código que se lles facilitou na SMS ou en persoa, nalgunha das oficinas da entidade bancaria establecida para efectuar
o abono (terán que indicar tamén o código asignado)
No caso de que non
se cumpra cos requisitos establecidos (non realizar o pagamento no prazo
establecido)ou se renuncie á praza asignada, hai unha lista de espera para
nenos e nenas que non foron seleccionados no sorteo realizado onte á mañá.
3.980 solicitudes
para A Lanzada e Príncipe Felipe
Segundo os datos presentados polo director do Centro
Príncipe Felipe, José Manuel Fernández, este ano presentáronse preto de 4.000
solicitudes para estes campamentos de verán organizados pola Deputación de
Pontevedra. 3.379 solicitudes para a
Lanzada e 601 para Príncipe Felipe.
No caso dos campamentos da Lanzada ofertábanse 2.206 prazas
e presentáronse 3.379 solicitudes.
Delas, 3.353 foron admitidas mentras que
26 se excluiron por presentar a documentación fóra de prazo, non ter a
idade requirida, presentar datos contraditorios, falta de documentación ou a
renuncia dos pais. Estes campamento organizaranse en 11 quendas do 21 de xuño ó
5 de setembro.
No caso de Príncipe Felipe convocáronse 300 prazas para as
que se presentaron 601 solicitudes das
só se rexeitaron 2. Estes campamentos organizaranse en 6 quendas durante
os meses de xuño e setembro.
Nestes campamentos de verán poden participar os nenos
residentes na provincia nacidos entre 2002 e 2007. O prezo é de 83,60 euros por
neno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario