Dende Barro a Míster Universo - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 30 de mayo de 2015

Dende Barro a Míster Universo


Paul Delgado gañou o dereito a participar no próximo Campionato Mundial Mister Universo que se celebrará os días 4 e 5 de xullo na localidade Italiana de Sapri.

O representante do ximnasio Área Go Fit de Barro logrou o pasaporte para esta importante cita no recente Campionato de España IBFA de Fisioculturismo e Fitness celebrado en Boecillo (Valladolid).

Delgado proclamouse campión na categoría Men Body Fashion Talla Baja, ao que une o título de campión do norte de España da asociación AEFF que se adxudicou en Cambados a principios de maio.
Ademais, outro representante da Área Go Fit, Gonzalo Eiras, foi subcampión en Cambados na mesma categoría en Talle Alto, pero non puido asistir ao campionato celebrado o pasado día 23 en Boecillo.

Agora Paul Delgado inicia a preparación de cara a Mister Universo coa ilusión de lograr un bo resultado, aínda que consciente do alto nivel competitivo que se encontrará en Italia.

http://pontevedraviva.com/deportes/20418/dende-barro-mister-universo-paul-delgado/

No hay comentarios:

Publicar un comentario