§
O xefe territorial de Medio
Rural e Mar, Miguel Dubois, visitou os traballos en compaña do alcalde da
localidade, José Antonio Landín Eirín
§
As obras permiten mellorar estradas
rurais dos lugares de Fonte do Curro, Triabá, Coruto e Ansós
O xefe territorial de Medio Rural e Mar da Delegación Territorial da
Xunta en Pontevedra, Miguel Dubois, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde
de Barro, José Antonio Landín Eirín, o avance das obras de mellora de catro
camiños rurais deste concello, executadas a través do Plan Marco.
Os traballos
leváronse a cabo nos lugares de Fonte do Curro, Triabá, Coruto e Ansós, nas parroquias de Curro, Perdecanai, Barro e
A Portela.
As obras tiveron como obxectivo a mellora dos
accesos en catro puntos do concello para garantir a seguridade vial,
executándose ensanches e pavimentacións para acadar uns camiños rurais máis
axeitados.
No caso da Fonte do Curro, na parroquia de
Curro, contemplouse o ensanche dunha estrada que da acceso a un gran número de
vivendas, que discorre pola parte traseira do aparcadoiro da Taberna do Rei,
mellorándose o enlace actual coa estrada xeral que parte da glorieta da PO-531
ata o polígono industrial de Barro-Meis. Deste xeito, delimitouse a nova marxe
da estrada cun muro de contención de cachotaría de 88 metros de lonxitude e dun
metro de altura, estendéndose unha capa de zahorra en toda a superficie da
finca.
En Triabá, na parroquia de Perdecanai,
acondicionouse a estrada que chega ata o núcleo rural dende o sur, facendo unha
limpeza das marxes e unha apertura de cunetas ao longo de 570 metros. Tamén se
pavimentaron tres zonas distintas do ensanche de distintas lonxitudes, mediante
unha capa de zahorra e outra de mestura bituminosa en quente, estendéndose unha
capa de aglomerado no tramo final para a mellora da zona do ensanche e o cruce
coa estrada principal. Ademais, renovouse un tramo da rampla de formigón
deteriorada e un pozo de drenaxe que se atopaba derruído.
No lugar de Coruto, na parroquia de Barro, o
vial foi ampliado, xa que era moi estreito, ata acadar un ancho total de 4,30
metros na zona final. A pavimentación definitiva fíxose con mestura bituminosa
en quente. E en Anxos, na parroquia de Portela, a estrada atopábase
completamente deteriorada, polo que se levou a cabo a apertura de cunetas ao
longo de 530 metros e aplicouse unha capa de aglomerado en quente.
O xefe territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a
visita a Barro para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración
no desenvolvemento destes programas que “poñen de manifesto a sintonía da
administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas
deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”.
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/05/13/medio-rural-comprueba-ejecucion-obras/1238997.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario