As
persoas interesadas xa poden presentar a súa solicitude ata o 31 de xullo no
Rexistro da Deputación de Pontevedra ou
a través da rede na propia páxina web da Escola. Esta modalidade on-line estará
dispoñible ata o 31 de agosto.
A
Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra ven de abrir o prazo de
preinscripción nas titulacións ofertadas no centro para o vindeiro curso
2015-2015.
No
centro poden cursarse as titulacións oficiais de Canteiro e Mestre Canteiro,
pero tamén se ofrece a posibilidade de obter
unha formación específica en pedra (Cantería; Modelado; Escultura;
Debuxo técnico; Debuxo artístico; Historia da Arte; Construcción).
Nos
cursos de Canteiro poden inscribirse todos os menores de 35 anos que teñan o
graduado escolar. Para cursar a especialidade de Mestre de Canteiro, os
interesados deben estar en posesión do título de Canteiro.
Os cursos de formación específica, van
dirixidos a aqueles canteiros que desexen perfeccionar a súa técnica, artesáns
ou calquera outra persoa interesada en aprender a técnica de canteiría e
escultura.
Ata o 31 de xullo
As
persoas interesadas en cursar estudos na Escola de Canteiros dispoñen de prazo ata o vindeiro 31 de xullo para
presentar as súas solicitudes. A
preinscripción pode realizase no
Rexistro da Deputación ou mediante a
rede na propia páxina web da Escola. www.canteiros.depo.es.
Este
prazo de preinscripción ampliarase durante o mes de agosto (do 1 ao 31) pero só
para a modalidade on-line a través da páxina web da Escola.
Máis de mil canteiros
formados en Poio
Na actualidade, 300 estudantes formados na Escola de
Pontevedra traballan de canteiros ben na industria, ben nos máis dun cento de
obradoiros profesionais que hai repartidos por toda Galicia.
Artesáns que co seu
traballo recuperaron, só nos útimos catro anos, máis de medio cento de bens e
inmobles do patrimonio cultural e arquitectónico de Galicia e países como
México ou Arxentina.
Dende a súa creación por parte da Deputación de Pontevedra,
máis de mil artesáns e profesionais da pedra formáronse no centro de referencia
de Poio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario