BENESTAR CREA 25 PRAZAS RESIDENCIAIS PARA OS MAIORES CON DEPENDENCIA DE PONTEVEDRA CUNHA INVERSIÓN DE 550.000 EUROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 2 de mayo de 2015

BENESTAR CREA 25 PRAZAS RESIDENCIAIS PARA OS MAIORES CON DEPENDENCIA DE PONTEVEDRA CUNHA INVERSIÓN DE 550.000 EUROS




§         En concreto, segundo aprobou o Consello da Xunta o pasado xoves, as prazas ubicaránse en Vigo e nos concellos limítrofes
§         Estas prazas engadiranse ás máis de 2.400 prazas públicas para maiores que a Consellería oferta na provincia de Pontevedra, un 25% máis que en 2009
§         A Xunta destina este ano case 300 millóns de euros á atención á dependencia en Galicia, o que supón un incremento de 20 millóns de euros con respecto a 2014

A provincia de Pontevedra disporá de 25 novas prazas residenciais para persoas maiores con dependencia, mediante a modalidade de concerto para o segundo semestre de 2015 e o ano 2016. En concreto, segundo aprobou o Consello da Xunta o pasado xoves, as prazas crearanse en Vigo e nos concellos limítrofes.

A Consellería de Traballo e Benestar aportará un total de 550.000 euros. O contrato será prorrogable, por mutuo acordo das partes, ata acadar unha duración máxima de 5 anos e 3 meses. Estas prazas engadiranse ás máis de 2.400 prazas públicas para maiores que a Consellería oferta na provincia de Pontevedra, un 25% máis que en 2009. 

A creación de prazas residenciais para persoas en situación de dependencia contribúe na implantación dun sistema de atención social especializada, que ten en conta as necesidades e os desexos das persoas con necesidades de atención sociosanitaria, así como das súas familias. Incrementa os recursos especializados na atención das persoas maiores en situación de dependencia, evitando que esta situación constitúa un factor máis de illamento ou exclusión social, tanto da persoa en situación de dependencia,  como da súa familia.

Para o departamento autonómico é fundamental seguir a apostar pola dependencia, tal e como reflicten os orzamentos de 2015. A Xunta destina este ano case 300 millóns de euros á atención á dependencia en Galicia, o que supón un incremento de 20 millóns de euros con respecto a 2014. Trátase, un ano máis, da partida que concentra o maior esforzo orzamentario da Consellería de Traballo.

Así mesmo, o departamento autonómico incide de xeito notable na promoción da autonomía de persoas que, pese a residir en centros asistenciais, deben ter a oportunidade de envellecer de forma activa, retrasando  todo o que sexa posible o deterioro físico e cognitivo propios da idade e evitando deste xeito a chegada ou o agravamento das situacións de dependencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario