A Escola Infantil 0-3 anos da
Cidade Infantil Príncipe Felipe, da Deputación de Pontevedra, abrirá o proceso
de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2015-2016 dende o luns 25 de
maio ata o venres 5 de xuño.
Nese periodo, deberán presentar a
documentación solicitada os alumnos matriculados no actual curso, os irmáns dos
que estando matriculados na Escola no actual curso renoven praza para o
2015-2016 e os fillos dos traballadores da Escola Infantil.
Novo ingreso e matrícula final
Unha vez rematado o antedito
periodo, en función do número de prazas que queden sen cubrir, entre o luns 8
de xuño e o xoves 2 de xullo abriráse o prazo de reserva de praza para as
familias de novo ingreso que poden recoller o impreso de solicitude na propia
Escola ou ben na web da Deputación (Cidadáns-Benestar Social-Escola
Infantil-Chupetes).
Finalizado este segundo periodo,
serán baremadas as solicitudes. A partir do luns 6 de xullo poderáse consultar
o listado provisional de admitidos e excluidos ainda que o listado definitivo
publicaráse a partir do 10 de xullo. Os alumnos que resulten admitidos poderán
matricularse finalmente entre o luns 13 e o luns 27 de xullo.
Horarios e unidades
A Escola Infantil Príncipe Felipe
ofrece un horario de 7,30 da mañá ata as 22,30
horas os 12 meses. Permite conciliar a vida laboral e familiar para familias
que traballan a turnos. A Escola tén 8 unidades e conta con 11 educadoras, unha
persona de servizos xerais e unha directora.
Ofrece
115 prazas _sen contar outras 150 na unidade de primeira acollida_ que supoñen
un coste para a Deputación de 100.000 €. Ofrece servizos de atención e coidado
de nenos-as, comedor e servizo médico de urxencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario