Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 31 de octubre de 2013

Caso Sonia Iglesias: Una llamada entre Barro, Meis, Poio y Pontevedra

En el auto no se pronuncia sobre el uso del georradar en el monte Castrove

Al igual que la magistrada, en principio, solo se pronunciará sobre la solicitud de desimputación de Julio Araújo una vez se practiquen todas las diligencias acordadas y se sepa su resultado -lo que en la práctica significa el mantenimiento de la imputación-, otro tanto hará sobre la petición de la familia de Sonia Iglesias de emplear un georradar en el monte Castrove. En este punto, a caballo de los municipios de Pontevedra, Poio, Meis y Barro, se sitúa una antena de telefonía móvil que situaría allí al pontevedrés realizando una llamada al terminal de su compañera sentimental unas dos horas después de que le hubieran comunicado que la pontevedresa no se había presentado a su puesto de trabajo.
El abogado del único imputado en esta causa judicial abierta por detención ilegal ya aludió en su momento a esta circunstancia y minimizó su trascendencia al considerar que lo más probable es que se tratase de un error técnico de la compañía telefónica.
En cualquier caso, según trascendió, en el sumario constan distintos informes policiales, en alguno de los cuales se alude a este monte como «un lugar más que apropiado para deshacerse y ocultar un cadáver». En este sentido, los investigadores destacan su cercanía con Pontevedra y, por tanto, con el domicilio familiar que compartían Sonia Iglesias, Julio Araújo y el hijo que tienen en común.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/10/31/auto-pronuncia-sobre-uso-georradar-monte-castrove/0003_201310G31P12992.htm

 

miércoles, 30 de octubre de 2013

Charla sobre Aquelando 3 o vindeiro luns día 4 de novembro na Biblioteca Pública de Barro.




Conferencia informativa sobre a ENFERMIDADE DE ALZHEIMER o 6 de novembro de 2013 no salón de actos do Concello.

Conferencia informativa sobre a ENFERMIDADE DE ALZHEIMER o 6 de novembro de 2013 no salón de actos do Concello.

Yayo Daporta destaca la calidad del producto gallego en el showcooking de #BarrodeTapas.

  • Participó hoy en un #showcooking dentro de #BarrodeTapas
  • Yayo Daporta es miembro del Grupo Nove y cocinero con una Estrella Michelín
  • Patrocinaron el evento Aceites Abril, Queso Cortes de Muar, Conservas Amorodo, Conservas de Cambados y Conservas Artemar.
Dentro de las actividades del #BarrodeTapas 3ª edición el cocinero cambadés Yayo Daporta, miembro del Grupo Nove y cocinero Estrella Michelín se desplazó a la localidad de Barro para realizar un showcooking para casi 40 asistentes.

Los platos fueron elaborados con productgos de Aceites Abril, Queso Cortes de Muar, Conservas Amorodo, Conservas de Cambados y Conservas Artemar.








Magosto Popular en Barro.

Magosto Popular en Barro.

martes, 29 de octubre de 2013

Barro de Tapas: Entrevista na Mañana de la COPE a Faustino Batallán da AC Fervenza da Barosa.

Barro de Tapas: Entrevista a Faustino Batallán da AC Fervenza da Barosa.

Pódese escoitar a partires do minuto 10 pinchando na seguinte imaxe:



http://www.cope.es/player/id=2013102913090001&activo=10


Rosa Quintana señala que "#BarrodeTapas potencia el rural, turismo,calidad y excelencia de nuestros productos".

  • La titular de Medio Rural y Mar se desplazó a Barro invitada por la AC Fervenza da Barosa, entidad cultural y gastronómica que organiza #BarrodeTapas.
  • #BarrodeTapas fomenta el consumo del producto galego, y especialmente el producto local como parte de la cadena interna de consumo.
  • La ruta arranca el próximo día 31 hasta el día 3, con múltiples actividades durante toda la semana.
La Conselleira de Medio Rural y Mar de la Xunta de Galicia asistió en la tarde de ayer a la inauguración de #BarrodeTapas 3ª Edición acompañada del Delegado Territorial de la Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, el Xefe Territorial de la Consellería en Pontevedra y el alcalde de Barro José Antonio Landín junto a los miembros de la entidad organizadora de la ruta de tapas, la Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa".
En dicho acto al cual acudieron también los representantes de las empresas que participan, patrocinan o colaboran con #BarrodeTapas, como Amorodo, Conservas Artemar, Conservas de Cambados, Aceites Abril,Cortes de Muar o las bodegas de la D.O. Rías Baixas, Santiago Roma, Pazo da Bouciña, o Don Olegario y entre ellos el presidente de la cooperativa local Viña Moraima, Javier Cancela.

En nombre de la AC Fervenza da Barosa, Faustino Batallán, quiso remarcar que esta y otras actividades que organiza la entidad sin ánimo de lucro, "están enfocadas a primar y potenciar la hostelería y las empresas locales, que añadido al turismo que fomenta #BarrodeTapas, buscan poner en valor el nombre de Barro y sus productos".
Por su parte, Landín Eirín, alcalde de Barro, se sumó a las palabras de la AC Fervenza "con todo lo que sea hablar y promocionar Barro es bueno, sabiendo que nuestro concello además está en la DO Rías Baixas y es un concello que aporta al albariño un gran potencial"

Rosa Quintana señaló que "#BarrodeTapas es una iniciativa excelente que potencia el rural galego, la economía local, el turismo y como no, la calidad y la excelencia de nuestros productos". La Conselleira señaló que "la Xunta de Galicia, potenciará Galicia Calidade para competir con la calidad de los productos galegos y no la cantidad"

La ruta de tapas, se iniciará el día 31 de octubre hasta el día 3 de noviembre, donde la consumición+tapa tendrán un coste ajustado de 2,5€. Por otra parte hoy martes 29, tendrá lugar un showcooking del cocinero Yayo Daporta, estrella Michelín. Mañana miércoles 30 le llegará el turno al sumiller José Luis Aragunde en una cata de albariño Rías Baixas y el jueves 31 los gastrónomos y bloggeros Anna Mayer y Jorge Guitián (premio nacional de periodismo gastronómico Álvaro Cunqueiro) se darán cita en un taller de cocina eficiente #5Eurosaldia.Las actividades de este #BarrodeTapas terminarán el día 2 con un taller de cocina de outono para nenos a cargo de Rocío Cocina de mi Abuelo.

A DEPUTACIÓN E O CAAN POÑEN EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA O ABANDONO ANIMAL


O presidente da Deputación anunciou a ampliación do centro en 2014, para o que a Administración provincial destinará 150.000 euros

·       Os cans abandonados na provincia de Pontevedra provocaron 193 accidentes, cun balance de 3 feridos graves e 34 leves
·       Louzán destacou o labor do centro de acollida de animais, que realizou máis de 1.200 intervencións nos 48 concellos adheridos
·       Distribuiranse carteis e trípticos informativos en centros escolares, universidades, colexios de veterinarios…de todos os concellos da provincia
A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha campaña de sensibilización e concienciación social contra o abandono de animais, a través do seu servizo provincial de acollida de animais (CAAN). O obxectivo é atallar o problema dos abandonos desde a base “promovendo actitudes de respecto e concienciando á poboación contra este tipo de maltrato”.
Así o asegurou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, na rolda de prensa de presentación da campaña, na que tamén participaron o responsable veterinario do CAAN, Santiago Díaz, o xefe do servizo na Deputación, Gabriel Rodríguez, e a deputada Begoña Estévez.  
15.000 exemplares
A campaña componse de dous tipos diferentes de cartel  e  un tríptico informativo, cunha tirada de máis de 15.000 exemplares, que se distribuirán en todos os concellos da provincia, centros escolares, universidades e colexios de veterinarios.
Baixo o lema Tres cans abandonados por cada 1.000 persoas, ¿Es unha delas?, o primeiro dos carteis busca facer participe á sociedade do problema do abandono -que sofren 6.000 cans cada ano en Galicia- amosando aos cidadáns como corresponsables do problema, tanto na presentación do mesmo –é o home o que abandona- como na súa solución.
Neste sentido, o segundo cartel, Busco dono, presenta a imaxe de cans que están no centro en busca de novo propietario e trata de transmitir á poboación a necesidade de optar pola adopción como alternativa prioritaria de cara a adquisición dun animal.
En canto ao tríptico informativo, ademais do contido dos dous carteis, recolle consellos e recomendacións para a tenza responsable de cans.
Así, utilizando as iniciais da palabra IDEAS, incide na necesidade de identificar e rexistrar aos animais, tal e como recolle a lei, porque, segundo indicou o veterinario do centro, Santiago Díaz “este é o mellor antídoto contra o abandono” e permite localizar aos propietarios en minutos; denunciar os abandonos; esterilizar os animais adultos para evitar camadas indesexadas e posibles fugas e extravíos en período de celo; adoptar, como acto solidario e responsable orientado; e sementar a conduta responsable entre os máis pequenos, porque, en palabras do presidente da Deputación, “un neno concienciado será un adulto responsable, pero tamén porque os pequenos son verdadeiros mestres de boas prácticas nas súas familias e no seu contorno máis cercano”.
Neste sentido, Rafael Louzán anunciou unha segunda fase da campaña, que se dirixirá a todos os centros de primaria da provincial, nos que se distribuirán unidades didácticas.
Máis de 1.200 intervencións
Na rolda de prensa de presentación da campaña, o presidente da Deputación anunciou a ampliación do centro, para o que se incluirá nos orzamentos de 2014 unha partida de uns 150.000 euros.
Louzán subliñou que se trata “dun servizo de interese social” que está a funcionar moi ben, como o demostra o feito de que nos 7 primeiros meses de funcionamento se teñen realizado xa máis de 1.200 intervencións, sendo as comarcas de O Salnés e Vigo as que maior número de actuacións requiriron, con 305 e 253, respectivamente.
Dos animais recollidos, máis dun cento foron adoptados, mentres que 143 puideron ser entregados aos seus donos. Algo máis de 400 atópanse nestes momentos no centro de acollida de Armenteira.
O presidente da Deputación amosou tamén a súa confianza e a dos que traballan no CAAN de que nos próximos meses se vaian incrementando as adopcións, grazas á recente posta en marcha da web do centro, que en só 2 meses de funcionamento recibiu xa máis de 4.000 visitas.




BARRO PARTICIPA: UN TOTAL DE 76 CENTROS EDUCATIVOS PONTEVEDRESES DESENVOLVERÁN ESTE CURSO PLANS ESPECÍFICOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO PARA RESPONDER ÁS SÚAS PROPIAS NECESIDADES, NO MARCO DA CONVOCATORIA DA CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN

§         O departamento educativo da Xunta de Galicia vén de publicar a resolución, na que se detallan os centros se incorporan á iniciativa e os que participan nela por segundo ano consecutivo
§         Trátase dunha nova aposta da Xunta de Galicia, enmarcada no Plan Anual de Formación do Profesorado, pola actualización dos coñecementos dos docentes como un dos eixos fundamentais para a mellora da calidade educativa

 Un total de 76 centros educativos da provincia de Pontevedra desenvolverán ao longo deste curso 2013/2014 plans de formación do profesorado específicos, adecuados ás particularidades da súa propia comunidade educativa, ao abeiro da convocatoria realizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Plan Anual de Formación do Profesorado. Na primeira convocatoria destes plans, que se desenvolveu ao longo do curso 2012/2013, participaron 68 centros educativos de toda Galicia con cadanseu plan, que implicaron a formación de 1.552 docentes e un investimento da Consellería de preto de 220.000 euros.

O portal educativo http://www.edu.xunta.es/web/  publica hoxe a resolución na que se detallan os centros que se incorporan a esta iniciativa – 53 da provincia de Pontevedra - e os que continúan desenvolvéndoa ao igual que fixeron o curso pasado- 23 da provincia de Pontevedra-. Trátase, dunha nova aposta da Xunta de Galicia pola actualización dos coñecementos dos docentes como un dos eixos fundamentais para a mellora da calidade educativa. Estes plans de formación, para os que a Consellería prestará o seu apoio económico e humano – a través dos Centros de Formación e Recursos e do Centro Autonómico de Formación e Innovación- son ademais unha aposta máis pola autonomía dos centros educativos á hora de analizar as súas fortalezas e eivas e plantexar estratexias de reforzo, un eido que tamén se está a traballar desde os contratos-programa.

Liñas de traballo
As propostas que deberon presentar os centros xiran arredor dalgunha das sete liñas de traballo contempladas na convocatoria, referidas á programación, desenvolvemento e avaliación de competencias básicas, facendo especial fincapé no tratamento das linguas, tanto propias como estranxeiras; á integración didáctica das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TICs), e ao uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais; á mellora da xestión dos centros e dos procesos de calidade; á convivencia escolar e o clima da aula;  e ás propostas para a atención á diversidade e os cambios metodolóxicos asociados. As liñas seis e sete foron as referidas ás accións encamiñadas a mellorar o desempeño profesional docente e á actualización científica e didáctica do profesorado, e á xestión directiva dos centros, respectivamente.

Para seren seleccionados, cada centro tivo que propoñer un plan integrado por un ou dous itinerarios formativos en relación con algunha das devanditas liñas de traballo; itinerarios que estarán compostos por, polo menos, dúas ou tres actividades, tales como seminarios, cursos ou grupos de traballo.

Os materiais que xurdan do desenvolvemento de cada un dos plans que finalmente se autoricen poderán poñerse en común para o beneficio de toda a comunidade educativa galega e a difusión das boas prácticas dos centros, en prol dunha mellora da calidade do ensino.

Centros participantes
A relación de centros da provincia que participan por primeira vez este curso na iniciativa é a seguinte:
Nome do centro
Concello
CEIP CABADA VAZQUEZ - CODESIDO
A ESTRADA
CEIP PEREZ VIONDI
A ESTRADA
CEIP A LAMA
A LAMA
CEIP DE AGOLADA
AGOLADA
CEIP PLURILINGÜE A PEDRA
BUEU
EEI DA PASTORA
CAMBADOS
CEIP DE CASTRELO
CAMBADOS
CEIP SAN TOME DE CAMBADOS
CAMBADOS
CEIP ENRIQUE BARREIRO PIÑEIRO
CAMBADOS
CEIP PEDRO ANTONIO CERVIÑO
CAMPO LAMEIRO
CEIP ANTONIO BLANCO RODRIGUEZ
COVELO
CPI AURELIO MARCELINO REY GARCIA
CUNTIS
CEIP CHANO PIÑEIRO
GONDOMAR
CEP XOSE NEIRA VILAS
GONDOMAR
CEIP MANUEL RIVERO
LALIN
CEIP XESUS GOLMAR
LALIN
CEIP CARBALLAL
MARIN
CEIP DE SEIXO
MARIN
CEIP COIRON-DENA
MEAÑO
IES DE MEAÑO
MEAÑO
CPI SANTA LUCIA
MORAÑA
CEIP CARLOS CASARES
NIGRAN
CEE DE PANXON
NIGRÁN
CEIP ROSALIA DE CASTRO
O GROVE
CEIP PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS
O PORRIÑO
IES PINO MANSO
O PORRIÑO
IES RIBEIRA DO LOURO
O PORRIÑO
IES DE POIO
POIO
CEIP PLURILINGÜE DE CHANCELAS
POIO
CEIP MANUEL CORDO BOULLOSA
PONTE CALDELAS
IES PONTEAREAS
PONTEAREAS
CPI DE PONTECESURES
PONTECESURES
EPAPU RIO LEREZ
PONTEVEDRA
CEIP A CARBALLEIRA
PONTEVEDRA
CEIP A XUNQUEIRA 1
PONTEVEDRA
IES MONTECELO
PONTEVEDRA
IES PEDRO FLORIANI
REDONDELA
IES SALVATERRA DE MIÑO
SALVATERRA DE MIÑO
CEIP PLURILINGÜE DE NANTES
SANXENXO
IES SANXENXO
SANXENXO
IES PINTOR COLMEIRO
SILLEDA
CEIP DE BANDEIRA
SILLEDA
CEIP DE SOBRADA
TOMIÑO
CRA MESTRE MANUEL GARCES
TOMIÑO
CEIP ALFONSO D. RODRIGUEZ CASTELAO
VIGO
CEIP CARBALLAL-CABRAL
VIGO
CEIP O SELLO
VIGO
CEIP VALLE-INCLAN
VIGO
IES REPUBLICA ORIENTAL DO URUGUAI
VIGO
IES SANTA IRENE
VIGO
IES FERMIN BOUZA BREY
VILAGARCIA DE AROUSA
CEIP A LOMBA
VILAGARCIA DE AROUSA
CEIP AREALONGA
VILAGARCIA DE AROUSA
  
A relación de centros que xa participaron no curso 2012/2013 e repiten este ano é a seguinte:
 
Nome do centro
 Concello
CEIP Amor Ruibal   
Barro
CEIP Foxo    
A Estrada
CEIP de Figueroa   
A Estrada
CPI Cova Terreña   
Baiona
IES Aqua Celenis    
Caldas de Reis
CEP Antonio Magariños Pastoriza          
Cambados
IES Monte Carrasco           
Cangas
CPI Progreso           
Catoira
CRA Antía Cal         
Gondomar
IES Mestre Landín   
Marín
CEIP A Guía
Moaña
CEIP de Lourido     
Poio
IES de Ponte Caldelas       
Ponte Caldelas
CEIP San Benito de Lérez
Pontevedra
CEIP Froebel           
Pontevedra
IES A Xunqueira I    
Pontevedra
CEIP de Leirado     
Salvaterra de Miño
CEIP Plurilingüe  Nº 1         
Tui
CEIP Paraixal          
Vigo
IES Audiovisual de Vigo    
Vigo
ESAD de Galicia    
Vigo
CPI Toural    
Vilaboa
CEP de Riomaior   
Vilaboa


RAFAEL LOUZÁN AFIRMA QUE O 2 DE XANEIRO DE 2014 ESTARÁN TRABALLANDO TODOS OS BOLSEIROS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS


Esta semana daranse a coñecer os prazos para a presentación de candidatos e o perfil dos mesmos

·       Contrataranse a 450 mozos e mozas titulados superiores con destino nunhas 400 empresas da provincia
·       As bolsas serán de 6 meses prorrogables por un ano e cubrirán o custe salarial íntegro dos titulados
·       Louzán incidiu en que cos dous plans de práctica laboral da Deputación se consegue que máis de 1.000 mozos e mozas “non se teñan que ir fóra a traballar”
Rafael Louzán asegurou que os 450 mozos e mozas titulados superiores aos que a Deputación de Pontevedra lles concederá bolsas de práctica laboral en empresas privadas estarán traballando o 2 de xaneiro de 2014.

Así o afirmou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, onde indicou que esta semana se darán a coñecer os prazos que os interesados terán para presentar as súas solicitudes, así como as titulacións requiridas. Os beneficiarios serán mozos e mozas titulados superiores menores de 35 anos e sen experiencia laboral previa.

Para definir o perfil dos bolseiros, primeiro convocouse ás empresas que desexan participar no programa, sendo un total de 479 ás que presentaron solicitude, aínda que unha vez analizada a súa solicitude o número de beneficiarias quedará en 400 (a selección fíxose tendo en conta cuestións como que se ofertase un itinerario formativo para o bolseiro, que o traballo que se lle vai encomendar ao bolseiro se adecúe á súa titulación…).

Rafael Louzán subliñou que se trata dun plan “totalmente novidoso” na provincia e que vai permitir, xunto co que xa está en marcha de práctica laboral en administracións locais, que máis de 1.000 mozos e mozas poidan realizar o seu traballo en Galicia e “non teñan que marcharse fóra a traballar”.
Neste sentido, indicou que as bolsas –que cubrirán o custe salarial íntegro - estarán abertas a 113 titulacións e que cada unha das empresas disporá de entre 1 e 3 bolseiros. As bolsas terán unha duración de seis meses, prorrogables por outros seis, co obxectivo de que estes mozos e mozas estean traballando e formándose un ano e coa perspectiva de poder continuar na empresa, tal e como salientou Louzán.
Entre as titulacións máis demandadas están Administración e Dirección de Empresas, Administración e Finanzas, Xestión Comercial e Marketing, Relacións Laborais, Ciencias Económicas, Sistemas Informáticos, Psicoloxía, Empresariais ou Dereito.
 

lunes, 28 de octubre de 2013

Xunta de Galicia:COMPARTE SAUDE.DOA SANGUE.SEMANA 28 OUTUBRO Ó 2 DE NOVEMBRO 2013.PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Seguindo coa nosa colaboración co Centro de Tranfusión de Galicia, dentro da campaña "COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE", publicamos a ubicación das UM de Doazón de Sangue para esta semana. E xa sabedes, doade sangue.É compartir saude.