A
XUNTA ASUME AS SÚAS COMPETENCIAS URBANÍSTICAS dO CONCELLO PONTEVEDRÉS DE BARRO
§
A directora da Axencia de Protección da
Legalidade Urbanística e o alcalde de Barro asinaron o convenio de adhesión
§
Os ingresos obtidos por multas coercitivas e sancións administrativas
impostas en exercicio das competencias delegadas serán repartidos a partes
iguais de modo que o 50% pasará á Xunta e o 50% restante ao concello
§
Deste xeito, Barro súmase ao listado de máis de 60 concellos galegos xa
adheridos á APLU
A directora da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística (APLU), María Martínez Allegue, e o alcalde de Barro,
Jose Antonio Landín, veñen de asinar o convenio de colaboración entre o organismo
dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e o
concello, polo que a Xunta asume as competencias urbanísticas de Barro.
Este acordo establece que o municipio
delega na APLU o exercicio das competencias municipais de inspección,
supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en relación
coas obras e usos do solo, que se executen sen licenza urbanística ou sen
axustarse ás súas condicións. As actuacións terían que estar situadas nalgunhas
das seguintes clases de solo: rústico e urbanizable, mentres non sexa aprobado
o correspondente plan parcial ou de sectorización, así como no ámbito dos
núcleos rurais delimitados.
A APLU é un ente público de natureza
consorcial, dotado de personalidade xurídica, patrimonio e orzamento propios e
plena autonomía no cumprimento das súas funcións, para o desenvolvemento en
común pola Administración autonómica e os municipios que voluntariamente se
integren nela das funcións de inspección, restauración da legalidade e sanción
en materia de urbanismo, e o desempeño de cantas outras competencias lle
asignan os seus estatutos.
Ingresos compartidos
Os ingresos obtidos por multas
coercitivas e sancións administrativas impostas en exercicio das competencias
delegadas serán repartidos a partes iguais de modo que o 50 por cento pasará á
Administración autonómica e o 50 por cento restante ao concello.
Cómpre sinalar que a Axencia exercerá
estas responsabilidades desde o día seguinte ao da publicación do convenio no
Diario Oficial de Galicia (DOG) e considérase que a vixencia do convenio será
indefinida. Nesta delegación de competencias non se inclúe a reposición da
legalidade nin a potestade sancionadora en relación coas obras completamente
rematadas antes da publicación deste convenio, que serán exercidas polo concello.
A resolución dos recursos
administrativos interpostos contra os actos emitidos pola axencia en exercicio
de competencias delegadas corresponderá ao concello.
Por último, o Concello debe prestar a
cooperación e asistencia activa que o organismo autonómico solicite, co fin de
levar a cabo un eficaz exercicio das súas competencias; terá tamén que
facilitarlle ao persoal da Axencia o acceso inmediato aos expedientes de
planeamento, xestión e disciplina urbanística, así como canta información,
documentación e axuda material precise para o adecuado cumprimento das súas
funcións; e contribuír ao sostemento económico da Axencia nos termos que
establece o citado convenio de adhesión.
Concellos adheridos
Coa sinatura deste convenio, Barro
súmase aos 61 concellos adheridos á Axencia, que colabora coa administración
local co fin de garantir un maior cumprimento da normativa urbanística e
atallar as infraccións que se comenten así como repor a realidade física
alterada, ademais de aportar maior información e formación para o persoal do
concello que se adhire.
No hay comentarios:
Publicar un comentario