Asemblea Comarcal de ANOVA Salnés
As agrupacións locais de ANOVA Irmandade
Nacionalista do Salnés teñen convocada para este sábado unha Asemblea
coa finalidade de presentar a proposta de configuración dunha Frente
Ampla de cara as próximas eleicións ao parlamento europeo do
2014. Terá lugar as 18.00 Horas no Edificio Exposalnés – Cambados e
como todas as asambleas de ANOVA será aberta non só a militantes e
simpatizantes, senón a todas aquelas persoas as que lles interese
coñecer a proposta ou aportar o seu grao de area para colaborar nunha
alternativa política e social contra as políticas dos gobernos actuais.
Para a presentación da proposta aprobada pola Coordinadora Nacional de
ANOVA participará na Asemblea, Luis Eyre Dieguez, Membro da Dirección
Permanente Nacional e Comisionado de Relacións Políticas. Eyre e un dos
membros de ANOVA que está a participar nas xuntanzas con outras
organizacións políticas as que se lle presentou a proposta de
constitución da Frente Ampla.
viernes, 4 de octubre de 2013
New
Asemblea Comarcal de ANOVA Salnés
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
Newer Article
Manuel Ruibal, artista: É unha mostra moi complicada de encaixar, pero moi lírica
Older Article
Desde onte poden solicitarse de novo PERMISOS DE QUEIMA de restos agrícolas ou de restos forestais en terreo agrícola
Etiquetas:
salnés
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario