A HISTORIA DUNHA CADELA ABANDONADA E DUNHA PEREGRINA QUE, LOGO DE PROTEXELA E DEIXALA NO CENTRO DE ACOLLIDA E PROTECCIÓN ANIMAL DE ARMENTEIRA, DECIDEU ADOPTALA CANDO VOLTOU A BARCELONA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 1 de octubre de 2013

A HISTORIA DUNHA CADELA ABANDONADA E DUNHA PEREGRINA QUE, LOGO DE PROTEXELA E DEIXALA NO CENTRO DE ACOLLIDA E PROTECCIÓN ANIMAL DE ARMENTEIRA, DECIDEU ADOPTALA CANDO VOLTOU A BARCELONA


O día 18 de xuño de 2013, Edna, unha peregrina de orixe mexicana afincada en Barcelona, cruzou o seu destino con <Camino>, unha cadela abandonada na rúa, perto do albergue de Armenteira. Ambas saíron a primeira hora e camiñaron durante os case 30 km que separan Armenteira de Vilanova de Arousa.

Unha vez en Vilanova e logo de xantar xuntas, Edna, que non podía aloxar á súa compañeira de camiño no albergue, optou por chamar á policía local de Vilanova de Arousa para que o Centro de Acollida e Protección Animal de Armenteira se fixera cargo dela. E así, por coincidencias da vida, <Camino> volvería ese mesmo día a Armenteira, moi preto de onde partira esa mañá.

Xa de volta en Barcelona, Edna non parou de pensar en <Camino> e decidiu chamar á Policía Local de Vilanova para indagar polo seu destino. En Vilanova puxérona en contacto cos veterinarios de CAAN, que lle remitiron información e fotos da súa compañeira de camiño.  Edna, sen dubidalo, decidiu adoptala e levala consigo a Barcelona.

En CAAN coidaron, desparasitaron e vacinaron a <Camino>, mentres se dispuñan os trámites para o traslado e transcorria o tempo mínimo legal necesario para a súa adopción, e en canto Edna dispuxo a data realizáronse todos os trámites para a súa viaxe a Barcelona, uníndose de novo os seus camiños en Armenteira, como se dunha cousa do destino se tratara....

Dende o Centro de Acollida e Protección Animal de Armenteira ensalzan os esforzos que Edna realizou para a localización e adopción de <Camino>. Accións coma esta fan pensar que existe moita xente responsable, con actos de xenerosidade diarios cara os animais que fan posible un futuro mellor para os mesmos.

Calquera persoa interesada en adoptar un can poderá consultar na páxina web do centro (www.caan.depo.es), chamar ao centro (608 975 326/ 981 953 558) ou directamente visitalo.

Lembremos que as adopcións son  gratuitas para o adoptante e que os animais sairán do centro vacinados e identificados co correspondente microchip. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario