A DEPUTACIÓN INVESTIRÁ PRETO DE 500.000 EUROS NA DOTACIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL AO CAMPO DE FÚTBOL DE BARRO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 11 de octubre de 2013

A DEPUTACIÓN INVESTIRÁ PRETO DE 500.000 EUROS NA DOTACIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL AO CAMPO DE FÚTBOL DE BARRO


A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou a sinatura dun convenio de colaboración co concello de Barro para dotar o campo de fútbol de céspede artificial de última xeración, cun orzamento de 494.354 euros.
As obras consistirán na transformación do actual campo de fútbol de terra nun campo de herba sintética e na dotación de novas instalacións e equipamentos.
Para iso a Deputación achegará máis de 466.000 euros dos que cerca de 444.354 estarán destinados á execución das obras e case 22.000 euros para a redacción do proxecto. Pola súa banda o  Concello de Barro destinará 50.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que ten por obxectivo corrixir as deficiencias do campo de fútbol e dotar ao concello dunhas instalacións deportivas nas mellores condicións posibles.


No hay comentarios:

Publicar un comentario