- Onte rematou a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia
Desde onte martes, 1 de outubro, xa se poden volver solicitar de novo os permisos de queima de restos agrícolas ou de restos forestais en terreo agrícola, de acordo coa normativa vixente e posto que rematou oficialmente a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia.
A decisión de dar por finalizada a campaña de perigo alto adoptouse de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, segundo o cal a Consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio da nosa Comunidade.
De acordo co plantexamento de despregue progresivo que se aplicou ao inicio da campaña, os medios contra incendios de reforzo iranse repregando tamén de xeito gradual ao longo do mes de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario