A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe as axudas do II Plan de
Emprego que permitirá aos concellos contratar novo persoal
·
O plan conta
cun orzamento superior aos 3 millóns de euros
·
A deputación
financia o 100% dos custes laborais dos empregados, que serán seleccionados
polos concellos
·
A
distribución de operarios faise en función do número de habitantes
·
Entre os
perfís máis demandados figuran operarios para mantemento de espazos públicos;
traballadores forestais e de parques e xardíns; varredores ou operarios de
servizos varios
A Xunta
de Goberno aprobou hoxe as achegas do II Plan de Emprego 2013, polo que a
Deputación facilitará a contratación duns 800 traballadores desempregados para
a prestación de servizos prioritarios nos concellos da provincia.
A
cada concello corresponderalle un número predeterminado de persoas en función
da súa poboación. Así, os concellos máis pequenos, de menos de 2.000
habitantes, poderán contratar ata 8 desempregados, mentres que os de entre
20.000 e 50.000 terán 17 operarios.
O obxectivo da Administración provincial é darlle unha oportunidade de
traballo a persoas que nestes momentos se atopan nunha situación precaria. Por
iso, a iniciativa vai dirixida especialmente a persoas de máis de 30 anos que
non só se atopen en situación de desemprego, senón que tamén carezan de
prestacións ou dispoñan unicamente de prestacións sociais básicas coma o RISGA.
A
Xunta de Goberno acordou, así mesmo, ampliar ata o 30 de novembro o prazo que
os concellos teñen para proceder á contratación dos traballadores. A data
establecida inicialmente era o 1 de novembro, pero debido á tramitación que
require o proceso de selección (solicitude de listado de desempregados aos
servizos de emprego e posteriores entrevistas e selección), considerouse
oportuno ampliar o prazo para dar o suficiente marxe de tempo para contratar.
Desta
forma, no mes de decembro todos os traballadores estarán xa desenvolvendo o seu
labor.
3 millóns de euros
Os
contratos serán a tempo parcial, cunha duración de 25 horas semanais, e por un
período de 6 meses; e a Deputación correrá co custe salarial íntegro dos
traballadores, que será de case 700 euros.
A
achega da Deputación para estes constratos supera os 3 millóns €.
Entre
o persoal máis demandado polos concellos figuran operarios para mantemento de
viais e espazos públicos; traballadores forestais e de parques e xardíns;
axudantes de axuda no fogar; peóns de obra pública; varredores; operarios de
servizos varios, e algúns peóns electricistas, fontaneiros, conserxes ou peóns
condutores.
Comarca de Pontevedra
Os 7
concellos da comarca de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes disporán de 75
operarios e unha achega de 313.641 euros.
Os
concellos de Barro, Campo Lameiro,
Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas e Vilaboa disporán de 10 traballadores
cada un, cunha achega de 41.818,80 euros por concello; mentres que o municipio
de Poio terá dereito a 15
traballadores, cunha achega de 62.728,20 euros.
Segundo as solicitudes presentadas, os servizos
que os concellos da comarca precisan cubrir de forma prioritaria e, polo tanto,
para os que demandan estes traballadores son os de conservación de parques e
xardíns, mantemento de sumidoiros, tarefas de varrido de espazos públicos,
traballos forestais, mantemento de edificios públicos e pequenas obras de
reparación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario