A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA A II FASE DO PROGRAMA COIDARTE, E SAÚDE E BENESTAR DO QUE SE BENEFICIARÁN CASE 9.000 PERSOAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 6 de octubre de 2013

A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA A II FASE DO PROGRAMA COIDARTE, E SAÚDE E BENESTAR DO QUE SE BENEFICIARÁN CASE 9.000 PERSOAS


·       Os interesados poden apuntarse ata o 30 de novembro
 
Os Programas Diúrnos de Balnearios Coidarte e Saúde e Benestar, postos en marcha pola Deputación de Pontevedra beneficiará a preto de 9.000 persoas. Os interesados poden apuntarse ata o 30 de novembro.

O obxectivo é facilitar que persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou coidadores de dependentes que precisan de respiro familiar e poidan disfrutar duns días de descanso e lecer en balnearios, spa e talaso da provincia.

No caso do programa Coidarte, haberá un total de 5.514 prazas e ofertaranse cando menos catro balnearios que os beneficiarios poderán elixir en función das súas preferencias.

As bases do programa recollen que a Administración Provincial destinará para esta actividade un total de 193.500 euros, a razón de 35 euros por beneficiario. Pola súa banda, os concellos que decidan adherirse ao programa deberán subvencionar con outros 10 euros cada praza, co obxectivo de reducir ao máximo o prezo que abonen os beneficiarios, que será, como máximo, de 95 euros polos 5 días.

Coidarte 2013 permitirá que as persoas ás que vai destinado o plan poidan disfrutar de 5 tardes, de luns a venres, nun balneario, talaso ou spa da provincia a prezos reducidos e contando, ademais, con transporte de ida e volta entre o seu concello de residencia e o establecemento hoteleiro elixido.

Saúde e Benestar
Pola súa banda, para o programa Saúde e Benestar convocaranse un total de 3.333 prazas co obxectivo de que as persoas que así o desexen poidan pasar 7 días e 6 noites en spas, balnearios ou talasos, en réxime de pensión completa, facilitándoselle tamén o traslado de ida e volta desde o concello no que residen ata o establecemento no que se hospeden. A Deputación Provincial destinará a este 100.000 euros.

Con estes dous programas preténdese fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores e con necesidades de respiro familiar, ao tempo que se contribúe á dinamización económica e ao mantemento do emprego en establecementos hoteleiros da provincia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario